Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades na biblioteca

Proxeccións nos recreos

Ao longo do curso faremos presentacións e proxeccións na biblioteca durante os recreos. Estas serán variadas e relacionadas con diversos aspectos das materias curriculares ou con temas de interese xeral.

Estas presentacións serán elaboradas polo equipo de biblioteca, polos departamentos didácticos ou coa colaboracións de ambos.

  • A primeira elaborouna o departamento de Lingua Castelá e tratou sobre Francisco Ayala, recentemente falecido.

  • Presentación de vídeos sobre o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.
  • Presentación de vídeos sobre o Día da Paz. Proxectaranse nos recreos do día 29 de xaneiro e o 1 de febreiro.
  • Proxectamos materiais sobre mulleres para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller traballadora durante os recreos do 8 ao 11 de marzo.
  • Proxeccións de materiais para conmemorar o Día Internacional do Libro. Farémolas nos recreos desde o 21 ao 28 de abril. Poderanse ver presentacións sobre a historia do libro ou reflexións sobre a lectura en xeral.

Convidámosvos a todos a participar nesta actividade aberta, pois queremos facer da biblioteca tamén un lugar de visionado de materiais diversos que axuden a mellorar a formación do noso alumnado. 

Agardamos as vosas colaboracións!

Novembro de medo!!

Este tempo outonizo de defuntos, de Samaín e de magostos, no que os días xa son máis curtos e gozamos dunhas longas noites, a lectura sempre é boa compañía, aínda que ás veces nos dea medo. Así que, ao longo do mes teremos na biblioteca, na parrilla de novidades, unha exposición de materiais relacionados co medo: Novembro de medo!!

Pasade a visitala pois nela poderedes atopar libros, películas, revistas, cómics... pero iso si, tede coidado porque pódevos aparecer algún vampiro. Andan ceibos!!!

Presentación ás titorías. Resultados

Como xa sabedes, todos os grupos pasastes no mes de outubro pola biblioteca para realizar a primeira actividade de formación de usuarios. Cada grupo realizou unha actividade distinta, adaptada ao seu nivel de coñecementos da biblioteca. Agora presentamos o resultado da mesma e tamén algunhas fotos:

 

1º A:   Actividade: Mergullámonos na biblioteca, 1º ESO   

Grupo con máis acertos: Aroa, Zoé e Martina.

2º A:   Actividade: Mergullámonos na biblioteca, 2º ESO

Grupo con máis acertos: Evelyn, Brais e Yago.

2º B: Actividade: Mergullámonos na biblioteca, 2º ESO

Grupo con máis acertos: Patricia, Lara e Adriana.

3º A:  Actividade Buscando nos dicionarios

Grupo con máis acertos: Javier, Iván e Coral.

4º A:  Actividade: Buscando na OPAC MEIGA.

Mellor cuestionario: Kathy.

4º B:   Actividade: Buscando na OPAC MEIGA.

Mellor cuestionario: Estefanía. 

 

Agardamos que as actividades fosen de utilidade e que sexades cada día máis autónomos no uso da biblioteca, este grande centro de recursos que vos pode axudar a mellorar a formación.  Grazas ás titorías pola súa colaboración!

Curso 2009-2010: Presentación da biblioteca ás titorías.

Ao longo do mes de outubro celébrase o mes das bibliotecas escolares, data fixada pola IASL (International Association of School Librarianship). Neste ano escolleu o lema "Biblioteca Escolar: o gran cadro", (School Libraries: The Big Picture).

Queremos un ano máis facer o máis visible posible a biblioteca do noso centro e para iso, planificamos unha primeira visita á biblioteca de todos os grupos  en colaboración coas titorías.

Comezamos co grupo de 1º A, o xoves 1, dado que é o alumnado que acaba de chegar ao centro e queremos que coñezan canto antes o funcionamento da mesma, as normas, os servizos ofrecidos... Nesta sesión entrégase a cada alumno o tríptico da biblioteca e o carnet de lector. Ademais, farán unha actividade á que lle chamamos Mergullámonos na biblioteca.

Na seguinte semana, visitarán a biblioteca os grupos de 2º da ESO: o martes 6, 2º B e o mércores 7 o grupo de 2º A. E na semana do 19 ao 23 a actividade farémola cos grupos de 3º A, 4º A e 4º B. Cada grupo asistirá cos seus titores e realizará unha actividade distinta. Nesta semana tamén faremos algunha actividade sorpresa durante os recreos.

21 xuño: Día europeo da música

O 21 de xuño é o Día Europeo da Música e na biblioteca tamén quixemos celebralo. Preparamos unha actividade para a ocasión. Podedes ler máis información na sección Efemérides.

Día do Libro 2009

Como xa comentamos na sección de Efemérides, hoxe, 23 de abril celébrase o Día do Libro.

Na biblioteca preparamos unha actividade especial con ánimo de agasallar aos usuarios máis habituais. Tratábase de sorprender a todos cantos se achegasen á biblioteca no recreo e que atopasen o inesperado. Pois si, nun lugar onde sempre pedimos silencio, hoxe ofrecemos voces, música e imaxes. Voces que recitan poemas dos clásicos da literatura e música e imaxes para amenizar o recital.

As reaccións dos asistentes foron moi variadas (alegría, indiferencia, risa nerviosa, sorpresa, emoción...) como era de esperar. Pensando nos que si valoran estes agasallos, pero tamén naqueles que, con tempo e dedicación, sexan quen de aprender a saborear novos pratos, seguiremos planificando actividades deste estilo.

Prestade atención, pois calquera destes días, pode haber outras sorpresas. Contra vento e marea, quédanos a palabra!

8 de marzo, Día da Muller Traballadora na biblioteca

 

 

Con motivo do Día da Muller Traballadora realizamos unha actividade de Formación de usuarios e usuarias na nosa biblioteca.

Participaron todos os grupos do instituto e, se queredes ver como traballaron, aquí tedes unhas cantas fotos.

 

 

 

 

Os gañadores desta actividade por cursos e grupos foron:

  • 1ºA: Atenea Riveiro, Cristian Caamaño e Zoe González
  • 1ºB. Begoña Pérez, Daysi Güiracocha e María Rodríguez
  • 2ºA: David Sieira, Javier Raña, Martín González e Tamara Rodríguez
  • 2ºB: Adriana Leis, Tania Costa e Verónica Saborido
  • 3ºA e PDC: Katy Kennedy, Lidia Casais e Silvia Fuentes
  • 4ºA: Maite Santiago, Martín Piñeiro e Pablo Pérez

Noraboa aos gañadores e felicitacións do Equipo da Biblioteca para todos os que participastes! Axiña repetimos!

RECITAL POÉTICO

RECITAL POÉTICO: 13 de febreiro do 2009

O equipo de biblioteca está preparando esta actividade para renderlle homenaxe á poesía. Estade atentos, seguiremos informando!!

Estamos pedindo persoas voluntarias para recitar os seus poemas preferidos pois queremos levar a poesía a todas as aulas do instituto e involucrar o alumnado, o profesorado, os PAS, as limpadoras...neste circuíto literario. Escolle o teu poema xa!!

 

 

Pasou o día do festival pero permanece o bo recordo que nos deixou, pois foron moitas persoas as que se animaron a recitar e fixemos das aulas un lugar para a poesía. A continuación (se clicas no nome dos participantes) podes ver as fotos:

Vanessa, profesora de Lingua Galega

Lucía, de Lingua Castelá

Benxa, de Educación Física

Pepe, de Pedagoxía Terapéutica

Renée, de Lingua Francesa

José Manuel, de Matemáticas

Marisé, de Relixión Católica

Susana, de Orientación

Merche, unha das mozas da cafetaría

Xosé, de Lingua Inglesa en compañía de dous alumnos de 4º, Ramón e Abel.

Marisol, de Matemáticas

Ariadna e José Manuel de 4º que ademais cantáronnos o "Negra sombra".

Tamara, de 2º da ESO

Evelyn, de 2º tamén

Iria,  tamén de 2º

Modesto, profesor de Ciencias Sociais

Lúa, alumna de 1º da ESO

 

Se queredes, tamén podedes escoitar as gravacións.

Aproveitamos para darlles as grazas a todas estas valentes persoas que nos axudaron a facer un día especial. Graciñas tamén a María (profesora de Plástica) porque, a pesar de recitar e tirar todas estas fotos, quedou ela sen foto e non foi a única; o mesmo lles pasou a David (profesor de Sociais), a Luz (de Ciencias) e a algunhas alumnas de 1º, de 2º e 4º (Demi, Uxía, Ariadna, Cristina, Maite e José Martín). 

Tamén lles agradecemos a colaboración aos demais membros do claustro por axudarnos na celebración da actividade ao cedernos as clases. Pero cremos que pagou a pena pois todos gozamos coa actividade. 

25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero

A nosa biblioteca quere un ano máis sumarse á conmemoración desta data, 25 de novembro, contra a Violencia de Xénero. Gustaríanos moitísimo non ter que reparar nesta data mais a realidade imponse e cómpre chamar a atención sobre esta lacra social. 

Convidámosvos a todos a pasar pola biblioteca e consultar algúns materiais que tratan desta temática e a participar na actividade que temos preparada. 

A actividade consiste en reflexionar co alumnado sobre a violencia e o porqué da mesma e tamén pretendemos facer visible o papel das mulleres na sociedade. Para isto imos utilizar presentacións en power point de elaboración propia pero tamén outras que parten do traballo colaborativo de moitos compañeiros e compañeiras doutras bibliotecas. Queremos destacar os marabillosos traballos que nos ofrecen en distintos blogues, como por exemplo MesturasTrafegando ronseis, O Segrel do Penedo... e tantos outros . Graciñas a todos por compartir os vosos traballos.

 

 

Día da Biblioteca Escolar

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca Escolar e na nosa tamén nos quixemos sumar á conmemoración. 

Elaboramos carteis e pegámolos por todo o instituto, así como os que mandaron da Asesoría de Bibliotecas Escolares (Biblioteca, Servidor Central) e anunciamos a data pola radio do centro para convidar a participar na actividade.

O propio día 24 realizamos varias actividades:

- Enchemos algunhas bolsas de patacas fritas ou doutras lambetadas da cafetaría con fragmentos de prosa e poemas para sorprender ao alumnado. Quen quixese ler o texto completo ou a obra á que pertencía, debía achegarse á biblioteca e alí continuar a lectura.

- Colgamos fragmentos de obras polas paredes do instituto. Algúns dos textos eran de Roald Dahl, de Ana Frank, de Kafka... e tamén pegadas polo vestíbulo que encamiñaban aos lectores á biblioteca, onde remataba o texto.

 

 

 

 

 

 

- Todo o alumnado do primeiro ciclo da ESO tivo unha sesión de lectura na biblioteca que, nalgúns casos foi motivada polas lecturas atopadas nas bolsas ou nas paredes. Nestas sesións os textos foron lidos por algunhas profesoras do equipo de biblioteca e tamén polos propios rapaces e rapazas.  Para esta actividade contamos coa colaboración do profesorado que tiña clase nesas horas e baixaron á actividade co seu alumnado.

Moitas grazas a todos por participar!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut