Animación á lectura

Cita a cegas cun libro

 Semellante a unha cita a cegas… así é un libro.

Este xogo, tamén. Para participar:

  • Introduce o teu nome na urna que hai na sala de profes antes do venres 10 de maio.

  • O luns 13, collerás -colleremos cada un- unha papeleta ao chou que conterá o nome da que persoa á que che tocou regalar un libro;

  • do mesmo xeito, alguén collerá a papeleta que teña o teu nome… e non saberás quen é.

  • Os libros terán que estar colocados para cada agasallado na Biblioteca o día 31 de maio, co nome correspondente e cada un recollerá o seu o entre o mesmo 31 e o 3 de xuño.

...En cada un estará a decisión de desvelar o segredo!!Guiño

 "O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio" Anónimo

 

 

Non.

Non queimaremos nunca un libro…

nin o dos amores ridículos,

nin o del buen amor

nin o livro do dessasossego

nin o dos mortos

nin o dos abrazos

nin o das ilusións

 

Non.

Nunca queimaremos un libro xa que…

os libros arden mal.

Natureza morta. Foto orixinal de Horst J. Meuter -

CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/

 

 

 

 

 

 

 

Celebramos o Día do Libro 2019: recomendacións da Biblioteca do Lamas e a A.L.M de Carnota

 

Boletín especial do 23 de abril, Día do Libro

Buchblätter 003.jpg

 

Acabamos de editar un novo boletín especial para celebrar o Día Internacional do Libro e os dereitos de autor. Nel, atoparedes as recomendacións que facemos as bibliotecarias da Biblioteca Municipal de Carnota e nós, as do instituto.

Velo aquí.

Boas lecturas, nestes días tan especiais!

 

Día de Rosalía: 24 de febreiro

O 24 de febreiro celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) cun recital, exposicións temáticas na grella de novidades e boletíns especiais de recomendacións. Este ano, o noso recital foi o pasado lun25 de febreiro, e tivemos como invitadas de honra ás bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, xunto coa concelleira de Cultura, Alianza Uhía. 

E, para a ocasión, elaboramos un boletín de recomendacións especial, froito da colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota. Velaquí.

 Imaxe: Rosalía de Castro (1837-1885).

Acuarela pintada pola súa filla Alexandra. Fundación Rosalía de Castro.

https://commons.wikimedia.org

Boletín especial 14 de febreiro

O 14 de febreiro e os namorados: Romeo & Xulietahttps://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/%22Greetings_to_My_Love.%22.jpg/320px-%22Greetings_to_My_Love.%22.jpg

Para celebrar este día dende a Biblioteca, contamos co traballo dun grupo de alumnas e alumnos de ITI de 2ºESO que prepararon coa nosa axuda un boletín especial. Nel, atoparedes todo o que temos na nosa biblioteca, en relación con esta coñecida parella de namorados da historia da literatura.

Velaquí o resultado. Esperamos que vos guste!

Postal antigua de San Valentín

(arredor de 1908). Missouri History Museum

https://commons.wikimedia.org/

 

 

 

 

 

Recomendacións de lectura: decembro 2018

Quen quere ler un pouco nestas vacacións?

Children reading The Grinch.jpg

Como indicamos no título, por que non aproveitar este tempo de vacacións para deixarse acompañar por unha boa lectura... Entón, botádelle un ollo ao noso boletín de decembro, que ten material para todos os gustos!!

Quen sabe, seguro que moitas e moitos xa están a adiantar as lecturas do seguinte trimestre!Guiño


Velaquí a ligazón para o tríptico. Boa lectura!!

 

Nenos lendo o libro De cómo el Grinch robó la Navidad, del Dr. Seuss.

Foto de scbailey via Flickr. CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org

 

 

 

 

 

Día de Rosalía - Día da Poesía 2018

 Como cada ano, celebramos o día da Poesía arredor do 24 de febreiro, para recordar á escritora e poeta galega máis importante das letras galegas. Velaquí un tríptico especial  de recomendacións arredor da súa obra. 

 

 

 

Recomendacións de lectura: xaneiro 2018

Voltamos de novo cun boletín de novidades elaborado polo alumnado de ITI. Este mes é o grupo de 1ºA o encargado de buscar o material e redactar as recomendacións lectoras. Hai libros variados: novelas e fantasía; libros de consulta monográficos, banda deseñada e cine. Para ler, mirar e gozar!

Este é o noso boletín de xaneiro 2018.

Recomendacións de lectura: decembro 2017

Este mes é o alumnado de ITI de 2ºA quen se encargou de buscar o material e redactar as recomendacións lectoras. 

Dado este tempo de vacacións, que mellor que deixarse acompañar por unha boa lectura, ou incluso una película orixinal, ou adaptación do libro!

Velaquí a ligazón para o tríptico. Boa lectura!!

 

Recomendacións para o Verán 2016

Achéganse as vacacións e con elas moito tempo libre para descansar e recargar forzas. Mais, sempre se pode atopar un oco para ler, escoitar música, aprender novas cousas...

Aquí vos deixamos algunhas das posibilidades para este verán, neste tríptico de recomendados.

Felices vacacións!

Lemos poesía

Calquera ocasión é boa para ler, pero estes días andamos ás voltas coa poesía. A vindeira semana celebramos o Día da Poesía no instituto e é un motivo máis para volver a este xénero. Na biblioteca temos moitos e variados títulos de poesía. Podedes consultar algúns aquí.

Este ano o  Día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María, un dos máis destacados poetas galegos do século XX. Tedes aquí unha breve escolma da súa obra. E se queredes escoitar algúns dos seus poemas musicados tamén temos algúns na biblioteca ou na páxina da Casa Museo Manuel María.

Moi interesante tamén para coñecer a súa vida, esta liña do tempo, elaborada no IES San Paio de Tui a quen lle agradecemos o feito de compartila. Graciñas!

Distribuir contido