Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Animación á lectura

Criaturas, Revista dixital de literatura infantil e xuvenil

O ano remata pero non deixa de darnos sorpresas: acaba de nacer unha Revista de Literatura infantil e xuvenil, Criaturas e foi presentada no  Culturgal, a Feira das industrias culturais de Galicia. Aquí, unha entrevista cun dos seus creadores.

Animámosvos a consultala pois tédela colgada na rede e podedes acceder a ela sempre que queirades.

Recomendacións para o verán 2014

Aquí tedes o último boletín deste curso. Unha vez máis propoñémosvos seguir lendo, escoitando música, vendo películas no verán. Boas vacacións!

O boletín, aquí.

Recomendacións para o Nadal 2013

Aquí tedes o último boletín publicado. Nel atoparedes materiais variados para ler, oír, ver... durante estes días de vacacións. Boas festas e boas lecturas!

 

 

Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

 

Miguelanxo Prado acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Cómic do 2013, premio outorgado polo Ministerio de Cultura cun dotación de 20.000 € e o recoñecemento que iso significa. A súa obra Ardalén foi a merecedora desta distinción, pero tamén é un premio que recoñece tantos anos de traballo dedicados á banda deseñada.

Cremos que esta é unha boa ocasión para que vos animedes a ler ou reler as súas obras. Tedes moitas delas na biblioteca e tamén información sobre o autor e a súa obra nestas ligazóns: unha reseña de Ardalén escrita por Agustín Fernández Paz ou nesta noticia da TVE ou na entrevista de VTelevisión.

Recomendacións para o verán 2013

Animádevos a aproveitar o tempo de lecer con algunha destas suxestións... ou moitas outras que tedes na biblioteca. Lembrade que podedes levar materiais para o verán: collédelos o venres 21 e podedes vir renovalos en xullo (horario de secretaría) ou levar outros para todo o verań. A entrega final de entrega é o primeiro día de setembro.

Moi bo verán e felices lecturas!

A construción dun lector

Animámosvos a escoitar a Agustín Fernández Paz no seu discurso de clausura dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, o día 8 de marzo de 2013. Nel cóntanos como se constrúe un lector, así como a súa relación coa lectura e os libros.

Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Unha escritora de L.I.X. na Academia

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo! 


Se queredes ler ou reler algunha das súas obras, consultade aquí as que temos na biblioteca.
Moitas bibliotecas escolares galegas quixemos felicitar a Fina Casalderrey e para iso colgamos esta nova que agora podedes ver en moitas delas:

Lecturas para o Nadal 2012

Aquí tedes o último boletín editado. Son recomendacións de lecturas, de cine, de música... para estes días de vacacións.

Pasade ao longo da semana pola biblioteca para coller todos os materiais que queirades... e xa os devolvedes en xaneiro. Animádevos!

"Ser libris"

Na primeira fin de semana de decembro celebrouse en Pontevedra o Culturgal e deixámosvos aquí unha campaña que nos gustou moito. Fala do "Ser libris" e, como non, é unha boa campaña de animación á lectura:

Ser Libris from Illa Bufarda on Vimeo.

Ana María Machado, VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil 2012

Ana María Machado, unha das grandes autoras brasileiras, acaba de gañar un premio a nivel internacional, o "VIII Premio Iberoamericano SM de literatura Infantil y Juvenil 2012"

Este premio convocado a nivel iberoamericano (Premio Iberoamericano SM de literatura Infantil y Juvenil) vai dirixido a autores que teñan unha traxectoria literaria enfocada a nenos e mozos. O premio está dotado con 3000 dólares  recollerao na Feira Internacional do Libro en Guadalajara (México). O xurado decidiu premiala polo " estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do lector, cunha linguaxe coidadosa, lírica, amena e que recupera a riqueza da oralidade".

Recentemente, participou no "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y en la Cultura. IV Congreso Leer.es" coa conferencia inaugural titulada "Una vida entre libros" na que fai unha excelente campaña de animación á lectura e á escritura.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut