Título node Learning object

Por todo o que hai detrás. Campaña de sensibilización sobre a difusión de contido na rede
Ven, 21/02/2020 - 10:01
Por todo o que hai detrás. Campaña de sensibilización sobre a difusión de contido na rede

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e o desenvolvemento de internet, pese ás innumerables vantaxes e posibilidades que proporcionan, tamén supoñen a aparición de diversas formas de violencia, propiciadas pola extensión e o uso intensivo de dispositivos móbiles, redes sociais e servizos como a mensaxería instantánea e a xeolocalización.

A Axencia Española de Protección de Datos puxo en marcha un sistema específico, chamado Canal Prioritario, como ferramenta para axudar ás vitimas de violencia dixital e evitar os contidos, as mensaxes, as imaxes ou os audios degradantes e humillantes. Esta ferramenta permite informar sobre este tipo de contidos e solicitar a súa retirada da rede, para intentar ofrecer unha resposta rápida ante situacións especialmente delicadas.

Así mesmo, co obxectivo de sensibilizar á sociedade dos efectos e das consecuencias deste tipo de comportamentos, o pasado 28 de xaneiro foi lanzada a campaña "Por todo o que hai detrás", con material audivisual e gráfico que pode ser de interese para os centros educativos. Ese material pode atoparse na páxina web do Canal Prioritario: https://www.aepd.es/canalprioritario/#campana.

Canal Prioritario