Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Cita a cegas cun libro

 Semellante a unha cita a cegas… así é un libro.

Este xogo, tamén. Para participar:

  • Introduce o teu nome na urna que hai na sala de profes antes do venres 10 de maio.

  • O luns 13, collerás -colleremos cada un- unha papeleta ao chou que conterá o nome da que persoa á que che tocou regalar un libro;

  • do mesmo xeito, alguén collerá a papeleta que teña o teu nome… e non saberás quen é.

  • Os libros terán que estar colocados para cada agasallado na Biblioteca o día 31 de maio, co nome correspondente e cada un recollerá o seu o entre o mesmo 31 e o 3 de xuño.

...En cada un estará a decisión de desvelar o segredo!!Guiño

 "O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio" Anónimo

 

 

Non.

Non queimaremos nunca un libro…

nin o dos amores ridículos,

nin o del buen amor

nin o livro do dessasossego

nin o dos mortos

nin o dos abrazos

nin o das ilusións

 

Non.

Nunca queimaremos un libro xa que…

os libros arden mal.

Natureza morta. Foto orixinal de Horst J. Meuter -

CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/

 

...E, para rematar, velaquí as fotos da cita a cegas cos libros: 

A caixa sorpresa

 

A punto de abrir a caixa

 

Repartindo os libros

 

O profesorado xa descubriu que libro lle tocóu

 

  

 

 



book | by Dr. Radut