Skip to Content

Ciencias Naturais - F.Q.

RUTA XEOLÓXICA RINLO-PRAIA DAS CATEDRAIS

O Departamento de Ciencias da Natureza organizou para o alumnado de 3º e 4º de ESO unha xeoruta pola Praia das Catedrais e o pobo de Rinlo, guiada polo xeólogo Francisco Canosa. Puideron  descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar a este incrible monumento natural, pero tamén a explicación de porque se concentra un número tan importante destas estruturas rochosas nesta praia. 

Do mesmo xeito este treito costeiro mostra moitos elementos xeomorfolóxicos (furnas, ollos, illotes, etc.), presentes na evolución destes cantís da Mariña lucense. No caso dos ollos, algúns deles foron empregadas na contorna de Rinlo como cetareas de marisco.

 

Voznatura. Río Rigueira 2014

 

Algunhas das fotos do día que fomos estudar o ecosistema do río da Rigueira. Preme aquí para velas en grande ou descargalas.

Estudo do río Rigueira

O estudo do ecosistema do Río Regueira en Xove levounos a visitalo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO. O estudo das cualidades da auga, a profundidade e anchura do río, as características do solo, a análise do impacto ambiental e o estudo dos clastos en tres diferentes tramos do río ocupounos toda a mañá.


Vídeo: ecosistema do río Rigueira

PROXECTO CLIMÁNTICA

DATA 15 DE ABRIL

12:00- 12:50: ACTIVIDADE CLIMÁNTICA. ALUMNADO: 1º CICLO MEDIO + 4º ESO (20 ALUMNOS/AS)

12:50- 13:40: ALUMNADO DE 1º ESO (20 ALUMNOS/AS). AULA DE 1º DE ESO

13:40 -14:30: ALUMNADO DE 2º ESO (18 ALUMNOS). AULA DE 2º CICLO DE INFORMÁTICA

No río Regueira...

O xoves 24 de marzo parte do alumnado de 1º e 2º da E.S.O. fixeron unha ruta a a pé seguindo o curso do río Regueira. Inciaron a camiñata na Ponte do Carro: viron fontes, muiños, recolleron mostras de plantas e o lixo que atoparon ao longo do sendeiro, visitaron o Muiño de Casa Abad e a depuradora. Foi unha xornada moi gratificante onde todos e todas o pasaron moi ben.

 

  

Dous alumnos do I.E.S. Illa de Sarón de Xove, CLASIFICADOS para a FASE FINAL da II Olimpiada Galega de Química.

   

     O Colexio Oficial de Químicos de Galicia-Asociación de Químicos de Galicia convocou a II Olimpiada Galega de Química para alumnos de E.S.O., dirixida aos alumnos e alumnas de 3º e 4º da  E.S.O.

    Este proxecto está organizado pola Comisión de Ensino do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e patrocinado pola Fundación ALCOA.   

  A Olimpiada desenvólvese en dúas fases:

a) FASE DE ZONA que celebrou  o 23 de Abril do 2010; na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo, Foz, Pontevedra e Vigo

b) FASE DE FINAL que se celebrará o 27 de Maio do 2010 en Santiago de Compostela.    

     Os alumnos IVÁN FERNÁNDEZ CASTRO E NOELIA CASTRO YÁÑEZ DE 4º DE E.S.O. obtiveron o 1º e 2º posto, respectivamente, na sede de FOZ, polo que acudirán á fase final o 27 de MAIO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.  

N O R A B O A !!!

Libro plantas aromáticas i especias

Relacionado coa exposición de plantas aromáticas i especias, desenvolvida no Centro durante o mes de maio, da que informamos fai uns días, varios profesores elaboraron un libro no que se recolle unha moi detallada información, acompañada de material fotográfico e cartográfico,  sobre as plantas aromáticas, as especias, plantas silvestres do contorno de Xove, aceites esenciais, esencias e vinagres. Inclúe tamén información sobre as plantas medicinais na historia e o comercio das especias, e remata con imaxes da exposición realizada no Centro.

Os profesores participantes neste libro, que será tamén publicado pola Diputación de Lugo, son: Oliva Cabaleiro Riveira, Ramón Casas Oroza, Charo Diez Álvarez e Lucía R. Mourelos. A portada do libro foi deseñada por  Xoán Guerreiro.

 

Libro especias

 

Podes descargar o libro completo desde este enlace. Son 42 megas en formato pdf. Se o queres gardar pulsa co botón dereito > gardar como.

Exposición de plantas aromáticas i especias

 
 

Nos nosos días, as plantas aromáticas e as especias úsanse de forma habitual nas nosas cociñas, son produtos baratos e fáciles de atopar e, quizais, non sabemos darlles a importancia que teñen. Porén isto non foi sempre así, por exemplo, na Idade Media as especias eran tan codiciadas coma o ouro porque eran moi difíciles de obter.

No IES Illa de Sarón temos unha exposición de plantas aromáticas e especias que pretende afondar nas súas propiedades terapéuticas, culinarias, ... e dar a coñecer á comunidade educativa e ao público en xeral moitas destas plantas que medran nos nosos campos e que resultan unhas descoñecidas para moitos de nós.

A exposición permanecerá aberta durante todo o horario lectivo dende o luns día 11 ata o venres 22 de maio. Recomendamos que ademais de mirar se acheguen a cada planta e especia e descubran os seus aromas.

Ver as imaxes a Maior tamaño

A auga e a vida: "Ao son da auga"

 
 

O martes 10 de marzo saímos camiñar ao son do río Regueira para ver a depuradora que están construíndo e máis o río e o seu contorno.

A camiñata que fixemos as alumnas e alumnos de 1º de ESO empezaba ao saír do Instituto. Fomos pola estrada de Regosanguento, vimos a depuradora nova e logo comezamos a ruta por un camiño de asfalto rodeado de bonitas paisaxes e con olor a eucalipto.

Vimos uns invernadoiros que están en Vila e tamén cabras, ovellas... Despois, ao chegar a un cruce onda Casa Abad collemos cara abaixo pra empezar a ruta “Ao son da auga” realmente, o que nos fixo recordar que nenos e nenas doutros países non teñen auga para beber e nós, que a temos en grandes cantidades e podémola usar para o que queiramos, estámola desperdiciando.
O menos bo da excursión foi que nos pareceu que o río non estaba todo o limpo que debera porque había unha especie de escuma branca, plásticos..., pero quizais o ciclón Klaus axudou a que parecera máis do que é realmente.

Pasámolo moi ben e aproveitamos todo o que puidemos sacando fotos e, sobre todo, aprendendo.

Ver ás imaxes a maior tamaño

Distribuir contido


by Dr. Radut