Skip to Content

Contratos Programa Innova

CP Innova: Día de Pi

CP Innova: Concurso de Sudokus

CP Innova: Día de Pi

CP Innova: Día Internacional das matemáticas

Para celebrar o Día Internacional Das Matemáticas o alumnado de 1° ESO elaborou un Skyline no que a altura de cada edificio corresponde cun decimal do número pi.

Fixeron 160 edificios!!!!

CP Innova: Concurso de Sudokus

CP Innova

Esta semana, Yaiza demostrou como o permanganato de potasio (KMnO4) cambia de cor cando se atopa nunha disolución básica xunto cun axente reductor. Isto débese a un cambio no seu estado de oxidación!!!

CP Innova: Ler ciencia

Exposición realizada polo Equipo de Biblioteca para motivar ao noso alumnado e animalo a ler ciencia.

CP Innova: Actividades de Nadal. Dpto. de matemáticas

Esta última semana de clase, adicamos as clases de matemáticas a repasar contidos do trimestre xogando.

  • En 2ºESO fixemos un Bingo no que repasamos as ecuacións vistas na última unidade.
  • En 3ºESO tivemos tempo a facer un bingo e a xogar unhas partidas co Taboleiro do Valor Numérico, repasando así, os contidos da última unidade.

En 4ºESO fixemos un bingo de Polinomios, repasando os contidos da última unidade vista este ano.

O alumnado pasouno xenial e todos tiveron un pequeno agasallo.

 

CP Innova: Pirámide de Sierpinski

Dentro do Contrato Programa Innova queremos aumentar a curiosidade e o gusto polas ciencias e a Xeometría Fractal é unha parte das matemáticas que conecta coa vida diaria. Neste caso, o alumnado de 1ªESO elaborou unha pirámide empregando os fractais, chámase Pirámide de Sierpinski, en honor ao matemático polaco que a inventou. A partir dunha pirámide calquera, seguindo un patrón de construccións, obtemos a nosa especial Árbore de Nadal.

Esperamos que vos guste!!!

CP Innova: Entrega de premios Concurso de enigmas matemáticos

Un ano máis, o Departamento de Matemáticas organizou o Concurso de enigmas matemáticos no que participou todo o alumnado da ESO.

Nesta edición os gañadores foron:

  • Christian Villarquide (2º ESO)
  • Miguel Fra (4º ESO)

Moitas grazas a tódolos participantes e noraboa aos gañadores!!

Distribuir contido


by Dr. Radut