Skip to Content

Contratos programa, Mellora da competencia Matemática, Mellora da competencia Comunicación Lingüística

Contratos programa: Actividade do mes de decembro

No mes de decembro realizamos varias actividades e / ou xogos, neste caso adaptadas aos contidos do currículo de cada curso.

As actividades desenvoltas por curso son as seguintes:

Contratos programa: Concurso de enigmas matemáticos

No mes de novembro organizamos o Concurso de enigmas matemáticos que sempre ten unha grande acollida por parte do alumnado.

O concurso é sinxelo: “Resolve os enigmas que hai no taboleiro da túa aula e gaña premios”.

Ten dúas categorías: unha para os cursos 1º e 2º de ESO, e outra para 3º e 4º de ESO.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Aprender a xogar coas matemáticas.
  • Fomentar a investigación.
  • Aumentar a capacidade crítica.

Contratos programa: Preguntas de enxeño

Dentro do proxecto “Contratos-Programa 2019-2020" para adquirir e mellorar a competencia matemática levamos a cabo, mes a mes, diferentes actividades que iremos detallando a medida que se vaian realizando.

Durante o mes de outubro estivemos traballando con “Preguntas de enxeño”. Trátase de preguntas con dobre sentido, cuxas respostas son moi fáciles de averiguar, sempre e cando, entendesen ben o enunciado.

Contratos programa: Mellora da competencia lingüística

Seguimos traballando a comunicación lingüística para que o noso alumnado vaia mellorando a súa autoestima e seguridade á hora de enfrontarse a falar diante dos seus compañeiros ou dun dispositivo de gravación (cámara, móbil, etc).

Durante o mes de febreiro, mes de Entroido, o alumnado de 2º ESO traballou o léxico da gastronomía e o texto instrutivo polo que tiveron que facer unha actividade denominada “As miñas dotes na cociña”, debían pensar nun prato ou sobremesa e elaboralo explicando cada un dos pasos dados para elaborar ese suculento manxar. Xa vedes que temos moita variedade para escoller: roliños de salchicha, sánwich vexetal e normal, ovos recheos e de sobremesa: biscoito, filloas, madalenas, flan de ovo e  rosquillas.

Que fame!!!!

Moitas grazas tamén ás familias pola súa colaboración e a súa axuda á hora de realizar esta tarefa.

Deixámosvos, como mostra, algúns vídeos do alumnado de 2ºESO.

Imos mellorando, aínda que, en ocasións, cómpre pasar máis tempo na cociña!!!

 

Contratos programa: Mellora da competencia lingüística

Co fin de mellorar a comunicación oral do noso alumando da ESO, explicámoslle unhas nocións básicas sobre a comunicación verbal e non verbal para que vaia tomando consciencia da importancia de controlar a voz, os xestos, a mirada, etc á hora de falar. O resultado foi moi positivo, aínda que temos algún/algunha rapaz/-a que ten moita vergoña e, de momento, non se atreve a que o gravemos. Agardamos que, pouco a pouco, vaia desaparecendo ese medo a falar en público.

Deixámosvos algúns vídeos do alumnado:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut