Skip to Content

Quedar na casa (9)

O confinamiento polo COVID-19 alóngase un pouco máis, como xa era de esperar, o que complica o proceso educativo en todo o sistema educativo.

Alumnado e familias teñen moitas dúbidas sobre os prazos e procedementos que xa estaban en marcha, así como outros que ían comezar. Aclaramos que de momento todos continúan suspendidos polo estado de alarma e que se reabrirán cando a situación cambie.

Para organizar o terceiro trimestre agardamos instruccións específicas da Consellería de Educación, unha vez que o Ministerio de Educación publique normativa ao respecto. Pero, como sabedes, o profesorado está traballando nas súas programacións e organizando as tarefas de apoio, recuperación, e ampliación das aprendizaxes adquiridas, que vos envían. Polo momento, compartimos a publicación do Ministerio de Educación da semana pasada, como fonte oficial da información dispoñible.

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/04/20200415-sectorial.html

Deixámosvos un pequeno vídeo sobre o final do confinamento, que pode servir para aclarar como nos podemos sentir cando chegue o momento.



page | by Dr. Radut