Skip to Content

VIAXE POLA AGROALIMENTACION LUCENSE. 5ª SEMANA ESCOLAR DA PROVINCIA

No Illa de Sarón celebramos a SEMANA ESCOLAR DA ALIMENTACIÓN. A partir do material enviado pola Diputación de Lugo para conmemorar a Semana escolar da Provincia, realizaronse varias actividades con alumnado de distintas aulas.

O alumnado de 2º de ESO na materia de Ciencias Sociais seguiron a lectura do libro-manual e localizaron nun mapa mudo da provincia de Lugo, os espazos de produción dos produtos de denominación de orixe protexida, que se citan no libro.

 

Un grupo de alumn@s de 3º de ESO coa súa titora, prepararon unha exposición con produtos gastronómicos nomeados no libro, algúns deles moi coñecidos nesta zona da Mariña, coma o mel do Valadouro ou o bonito de Burela.

Os alumn@s de 1º de ESO na materia de Educación Plástica, buscaron información sobre as festas gastronómicas, fixeron unha investigación por grupos e elaboraron carteis promocionais de exaltación de distintos produtos.

Ambas exposicións colocáronse na entrada do centro educativo.



page | by Dr. Radut