Skip to Content

XORNADA PROMOCIÓN DE BOLOS NO ILLA DE SARÓN

O alumnado de 1º de ESO do IES Illa de Sarón participou nunha Xornada de tirada de Bolos no Campo municipal de fútbol Xove, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, para promocionar este deporte popular.

O técnico de Cultura Mario Eijo, deulles unhas explicacións teóricas e un xogador veterano encargouse de ensinar a parte práctica do xogo.

Contamos tamén coa colaboración de 2 alumnos do instituto, Julia López Formoso e Javier Alonso, xogadores destacados na Liga de Bolos municipal e que xa acadaron importantes triunfos nas súas categorías.  

 



page | by Dr. Radut