Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do 25 de novembro realizanse no IES Illa de Sarón varias actividades de concienciación do alumnado, coa finalidade de previr condutas de violencia de xénero entre os xóvenes. Todos debemos implicarnos en condenar, repulsar e denunciar a violencia.

O día 22 de novembro o axente da Policia Nacional, Pablo Rodríguez, da Unidade especial de familia e muller (UFAM), impartiu unha ponencia para o alumnado de ESO, co título: Violencia de xénero.Micromachismos e violencia na rede.

O equipo de Biblioteca montou unha exposición na entrada do centro con materiais recomendados para a prevención da Violencia de Xénero.

 

 

O alumnado de 2º de ESO na materia de Música, prepararon materiais para unha exposición na entrada do centro. Son textos ampliados de letras de cancións onde se suliñan mensaxes positivos de loita contra a violencia.

 

 

O día 23 de novembro proxectaremos no espazo Video Sarón,  os videos musicais destas cancións seleccionadas polo alumnado de 2º de ESO, con motivo desta data.



page | by Dr. Radut