Skip to Content

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE METAIS E POLÍMEROS VISITA EMPRESAS DO SECTOR

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Programación da produción en metais e polímeros realizaron unha visita por distintas empresas do sector de Fabricación mecánica, ubicadas no entorno da Mariña Lucense.

En Muras, visitaron as instalacións de FERROPLAST, empresa de fabricación de produtos plásticos destinados á construción;TEPSA,Técnica de envases pesqueros, que fabrica produtos de polietileno de alta densidade para a pesca e acuicultura.

En Villalba visitaron a empresa de mecanizado de pezas, Mecanizados Vallejo.

No polígono de Fazouro, visitaron a empresa KSINS, adicada á construción de embarcacións pesqueiras en fibra de vidrio de alta resistencia e a empresa POLIMAR, que fabrica caixas de poliestireno para alimentación e transporte de material delicado.

 



page | by Dr. Radut