Skip to Content

Concurso de Sudokus

Entrega de premios

O pasado 21 de marzo celebrouse no centro IES Illa de Sarón o xa tradicional concurso de Sudokus. O alumnado da ESO debería resolver a maior cantidade de susokus en 50 minutos, aumentando de nivel cada vez que remataban unha das probas. O alumnado francés que se atopaba de intercambio esta semana no noso país participou tamén desta actividade con grande entusiasmo. A vindeira semana procederemos á entrega de premios. Noraboa a tódolos participantes!!!!!



book | by Dr. Radut