Skip to Content

Programa de Becas - Fundación Amancio Ortega

O Departamento de Inglés do IES Illa de Sarón informa que o 4 de Setembro comezou o prazo para solicitar as becas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a alumnado de 4º de ESO interesado en estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Hai 70 prazas para Galicia, e o alumnado aspirante debe ter un 8 (como mínimo) de media en 3º de ESO. O prazo de inscrición é ata o 27 de Setembro ás 13:00 horas.

O enlace web é: https://becas.faortega.org/

Animámosvos moito a solicitalas se reunides os requisitos – é unha experiencia moi enriquecedora e positiva para a vosa formación.



page | by Dr. Radut