Skip to Content

Alumnado de 4º ESO en Granadilla (Cáceres)

Do 23 ao 29 de outubro 15 alumnos e alumnas de 4º ESO do IES Félix Muriel participan no Programa  de Recuperación y Utilización Educativa de Pueblos Abandonados do Ministerio de Educación y FP. Durante esta semana convivirán en Granadilla (Cáceres) con outros tantos mozos e mozas dun instituto murciano, aprenderán oficios, participarán en diversos obradoiros e realizarán actividades lúdicas conxuntas, ademais de realizar un proxecto de centro titulado "Give me my town back"  ideado polas profesoras de Tecnoloxía e Inglés que os acompañan (Pilar Pérez e Rosa Súarez). Nesta semana asumirán responsabilidades na vila de Granadilla, que quedou deshabitada hai décadas pola construcción dun encoro e que está a ser rehabilitada coa axuda do programa do Ministerio.



blog | by Dr. Radut