Skip to Content

Primeiro trimestre

Ruta ao Carreirón

 

 

 

O día 25 de outubro levamos a cabo a primeira actividade de cohesión encadrada dentro do programa TEI do curso 2017-18. Aínda que nun primeiro momento estaba prevista a Ruta da Pedra a da Auga, tivemos que cambiala pola ruta cara o Carreirón. Saímos do centro unha vez foron repartidas as follas de actividades que as parellas titor/a-titorizada/o tiñan que facer durante o percorrido.

A verdade foi que tivemos un día estupendo de ceo casi despexado e unha temperatura bastante elevada para a época do ano. A ruta fixémola con varias paradas para poder cubrir a ficha, para poder unir ao grupo e para ir descansando pouco a pouco.

Cando chegamos ao parque Natural do Carreirón e despois de facer as fotos oficiais, fixemos unha parada para repoñer enerxía e para ter un rato de xogo, despois do cal emprendimos a marcha cara ó instituto.

Os profesores acompañantes foron: Ana Rodríguez Fernández, Belén Rodriguez Silva, Juan Sánchez Freiría e Mónica Vélez Tena. Ademais durante a parada para a merenda veu a visitarnos Marta Cobas Martínez para ver como se desenvolvera a actividade ata ese momento.

 Todas as fotos da ruta na galería

Taller de igualdade

A Comisión de igualdade do instituto comezou a súa andaina o  día 17 de outubro.

Marcela Santorun, psicóloga e especialista en temas de igualdade impartiu a os alumnos de 1º un seminario en dúas xornadas (17 e 31 de outubro) titulado: “ Se isto é amor, non me queiras tanto”.

 

Esta intervención  ten como obxectivo concienciar ao alumnado do centro das desigualdades entre homes e mulleres nos distintos campos das nosas vidas.

 

Toda a información no blog Faro da igualdade e as fotos na galería.

Contacontos en Samaín

Desde a biblioteca organizouse unha actividade de contacontos con Soledad Felloza para o alumnado de 1º e 2º.  Toda a información no blog da biblioteca.

Actividade Judo

A semana pasada fixemos unha actividade de Judo co alumnado de 1º e 3º. O obxectivo é que os rapaces/zas do centro teñan un primer achegamento ás actividades de loita e máis en concreto ás de Judo. Eleximos Judo posto que é unha das poucas artes marciais nas que non se empregan golpeos nin patadas e se trata de empregar os desequilibrios e os puntos débiles do adversario para ter unha situación ventaxosa que nos permita inmovilizalo.
Nos dous días nos que se fixemos a actividade acompañáronnos Jose e Xaquín.  Ensináronnos os saúdos cos que se empezan as sesións de adestramento de Judo, falaron, demostraron e os nosos alumnos/as practicaron as técnicas básicas de inmovilización no chan. Para iso fixemos un pequeno Tatami xuntando todas as colchonetas pequenas do ximnasio e fixemos a actividade descalzos. Apenas deu tempo de ver as técnicas que se fan de pé. Os alumnos/as de 1º tiveron a sorte de poder ver as técnicas levadas a cabo por un rapaz de 15 anos, e como este rapaz pode chegar a inmovilizar ó seu adestrador que moito máis alto e pesado ca el.
Seguro que moitos dos nosos alumnos/as quedaron con ganas de coñecer un pouco máis sobre este deporte.

     
 
 

 

Todas as fotos na galería

O sabor da aventura está no mar

 

O mércores 04 de outubro de 2017 os alumnos/as de 2º de ESO fixeron a actividade  "O sabor da Aventura está no mar".

A saída foi as 09:15 horas en autobús que nos levou ata a zona de marisqueo da praia do Terrón. Nesta visita estivemos acompañados por dous guías, Rita e Gonzalo ademais de Mª Soidade como representante das mariscadoras de Vilanova de Arousa.

O primeiro que fixemos foi cambiar o calzado para poder acceder ó lugar de traballo. Antes nos deron unha charla para explicarnos como funcionaba a cofradía de mariscadoras, que labores tiñan que realizar e como se organizaba o traballo de extracción e limpeza das zonas de marisqueo.

Unha vez explicado isto observamos de forma directa o traballo das mariscadoras, ensináronnos as diferenzas entre os distintos tipos de ameixas, e os distintos tipos de ferramentas empregadas. Tamén os alumnos/as puideron probar a extraer algunha ameixa aínda que non houbo bos resultados.

Despois o autobús levounos á lonxa e alí explicáronnos dunha forma moi clara e visual como é o proceso de separación do marisco e de pesaxe para a subasta posterior do producto. Tamén nos deron información sobre as diferentes artes de pesca empregadas.

Por último, na casa do pescador degustamos uns pratos elaborados cos produtos do mar e  presentáronnos os protagonistas da campaña dentro da cal ten lugar esta actividade.

     
     

 Todas as fotos na galería

 

Entrega diplomas TEI (titoría entre iguais)

O día 19 de setembro as 16:30 horas comezou no ximnasio do instituto a entrega de diplomas dos alumnos/as titores de 3º e a asignación dos seus titorandos de 1º. Previamente o venres recibiron unha sesión informativa sobre o programa TEI ( programa que implantamos no centro o curso pasado, e que pretende ser unha ferramenta máis para facilitar a incorporación ó instituto ós alumnos/as de 1º da ESO). Durante o luns 18 os alumnos/as de 3º recibiron unha sesión de formación e despois da mesma saíron os alumnos/as que querían desenvolver as funcións de titores durante este curso escolar. Este ano todos os alumnos/as quixeron ser titores.

Ademais da entrega de diplomas tamén se lles entregou unha ficha que tiñan que cubrir cos seus titorandos para empezar a coñecerse un pouco mellor.

Esta é a primeira actividade das moitas que se van a desenvolver dentro do programa TEI.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut