Skip to Content

Primeiro trimestre

Atlantis. A ciencia do mito

 

O alumnado de 4º asistiu a unha charla programada dende o Departamento de Xeografía  e Historia  titulada : Atlantis. A ciencia do mito.
Dita charla foi impartida polo periodista Emilio Varela o día 18 de decembro na aula de tecnoloxía do centro. O tema foi un repaso pola actividade dos volcáns mais coñecidos do Mediterráneo a súas repercusións e unha posible relación co mito da Atlántida, súa situación e desaparición. Ao final da exposición levouse a cabo un debate sobre o cambio climático e a repercusión no noso planeta.

   

Día da Constititución

O departamento de Xeografía e Historia encárgase da conmemoración do "Día da Constitución". Traballouse nas aulas co alumnado de 3º e 4º de ESO. Fixeron unha presentación sobre o feito constitucional. En setembro foron informados do proxecto a realizar, para poder facelo ó longo da 1ª avaliación, e poder empezar a expoñelo na semana anterior á celebración. A participación tanto en 3º como en 4º foi moi boa e os resultados do traballo tamén resultou altamente satisfactorio.
Algunhas das presentacións foron proxectadas na pantalla do recibidor do instituto durante os días previos á celebración. Aquí tendes algúns exemplos

 

 

Magosto

O venres 10 de novembro celebramos o magosto. Primeiro xogamos ao brilé, ao pano, a relevos e ao bombardeo ou KO, mentres un grupo de alumnos e alumnas de 4º preparaban os cucuruchos e asasban as castañas. Despois desfrutamos dunhas estupendas castañas. Deixamos aqui o vídeo que fixemos desta actividade:

Lectura de textos de Valle-Inclán

 

O venres 27 de outubre un grupo de alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO foron á casa de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa acompañados por Mónica Vélez Tena. Alí fixeron a lectura dun texto de Valle. Previamente fixeron a lectura as autoridades do concello e da Xunta cun texto da Media Noche.

Aquí tendes as fotos das actividades:

   
 

Ciencialúas

Neste curso os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, matemáticas e Tecnoloxía organizamos o club de ciencia Ciencialúas os martes ao medioodía.

Toda a información no noso blog https://ciencialuas2018.blogspot.com.es e as fotos na galería

Visita a Cambados

 

O martes 25 de outubro, 30 alumnos e alumnas de 4º da ESO visitamos Cambados. Mentres un grupo de alumnos realizabamos unha visita guiada á Casa Museo de Ramón Cabanillas, o outro dirixíase ó Pazo de Torrado para ver a exposición “Pretextos Literarios”, unha mostra nada convencional de pintura, escultura, fotografía, poesía visual e collage, obra do escritor Pepe Cáccamo e do deseñador gráfico Fausto Isorna. A continuación, fixemos un roteiro guiados pola profesora Susana Naveira para coñecer os distintos lugares relacionados coa vida e obra de Cabanillas: a casa onde faleceu, o monumento ó escritor, a praza que leva o seu nome, … Tamén tivemos a oportunidade de ver a casa onde viviu Valle Inclán e varias obras escultóricas como “A naiciña”, a estatua de F. Asorey ou a do propio Cabanillas.

Para rematar, dirixímonos ás ruínas da igrexa de Santa Mariña, en cuxo cemiterio, incluído desde 2014 na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa, están enterrados a muller e un fillo de Valle Inclán.

Distribuir contido


by Dr. Radut