Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

Os Embaixadores Junior de 4 ESO traballaron no Brexit

A un paso das difíciles eleccións británicas e co Brexit como “leit motiv”, os nosos Embaixadores Junior de 4 ESO estiveron traballando neste tema e fixeron un estudio do que supón a saída de Gran Bretaña da Unión Europea. Entre todos entrevistaron á poboación británica que vive en España e tamén estivemos na capital británica para ver o que opinan os nosos conciudadáns europeos alí.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Mª José Rivas.

Charla de Antía Yáñez a alumnado de 2º de Bacharelato

O Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha charla para o alumnado de 2º de Bacharelato coa autora de Senlleiras, galardoada co premio Illa Nova de Narrativa 2018.

Concesión ao Instituto dun proxecto KA101 de movilidade dentro do programa Erasmus+ 2019

"Hoy 5 de diciembre de 2019 se publicó en la web del SEPIE la Resolución por la que se publica el listado de solicitudes seleccionadas de la lista de reserva de proyectos de Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje, Acción Clave 1, del sector de Educación Escolar (KA101), correspondientes a la Convocatoria de Propuestas  del programa Erasmus+ 2019, en la que su centro figura como seleccionado. Le damos por ello nuestra más sincera enhorabuena"

Título do proxecto: ADQUISICIÓN Y MEJORA DE BUENAS PRÁCTICAS EN ENTORNOS CLIL Y STE(A)M

 

Os Embajadores Junio 4 ESO co Cumio Mundial do Cliima

Con motivo de la celebración de la Cumbre del Clima en nuestro país, nuestros Embajadores Junior de 4 ESO han estado trabajando en un precioso vídeo para concienciar a la población europea y mundial de los problemas del cambio climático.
Observamos que el cambio esta sucediendo más rápido de lo previsto y está amenazando el futuro de todo aquello que amamos.
Hoy mismo, en esta Cumbre, el Secretario General de la ONU, Antonio Guterres ha dicho que  si no cambiamos urgentemente nuestro modo de vida, ponemos en peligro la vida misma.
Recuerda que:

“ESTA EN NUESTRAS MANOS”

(Mª José Rivas)

 

Visita de 3º de ESO á Fundación Luis Seoane

Actividade organizada plo Departamento de Plástica.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 Manifesto:

 

O grupo de "iguais na diversidade" condea todo tipo de violencias machistas e para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, fixéronse siluetas representativas das mulleres asesinadas a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e pulseiras con lemas, unha estructura a entrada do IES onde poñer a nosa pegada contra o machismo, e ata 2 alumnos de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os dereitos das mulleres.

Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres:

 

RAP contra a violencia de xénero de dous ditorando da profesora Noemí Díaz:

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 2 ESO A, B e C elaborou microcontos, cuxa temática xirou arredor diso. Baixo o título "Cousas da mala vida", o dito alumnado creou pequenos relatos que se quixeron sumar contra esta lacra, dándolles voz aos silenciados para sempre. Seguindo o modelo do xénero COUSA, inventado polo esgrevio Castelao, estas pequenas grandes historias van acompañadas dunha ilustración, tamén realizada por eles, que recolle o momento cume do relato.

Como acto de rexeitamento, e para visualizar esta data, as rapazas e rapaces fixeron unha lectura ininterrumpida durante os dous recreos deste 25 de novembro. Durante esta semana seguirán manifestándose do mesmo xeito literario en ambos recreos.

Previamente, o alumnado de Oratoria de 1 BACH A e E leu un manifesto, elaborado por eles, co título: "Ata cando vai durar este eterno loito?". Ambos traballos foron coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura e de Oratoria, Teresa Pastor Novo:

 

Celebración do Día da Música

Con motivo del Día de Santa Cecilia, Patrona de la Música, algunos de nuestros Embajadores Junior de 4 ESO nos han deleitado con un pequeño concierto de varios instrumentos interpretando la Oda a la Alegría, composición adoptada por la Unión Europea en 1985 como Himno Europeo ya que “ celebra los buenos valores de cada uno de los paises que la integran”. 

Muchas gracias al Departamento de Música y a todos los que han colaborado. 

Feliz Día de la Música.

 

3V visita a exposición de Norman Parkinson

O alumnado de 3V visitou a exposición "Norman Parkinson: Alway in Style" na Fundación Barrié. A visita foi organizada pola súa profesora de Inglés Eugenia Pérez.

Visita do alumnado de Economía de 2º Bach a INDITEX

O 19 de novembro celebrouse unha visita guiada en inglés á sede de INDITEX, S.A. con alumnado de diferentes grupos de 2º de bacharelato (A-B-C-D-E), acompañados polos profesores María José Pereira (Departamento de nglés) e Juan Centeno (Departamento de Economía).

E logo ti, de quen ves sendo?

Campaña "E logo ti, de quen ves sendo?" Santiago, nacemento e evolución dunha cidade arredor dun santuario. O alumnado de relixión de 3º e 4º ESO participou nesta actividade acompañados polos profesores Francisca Díaz, Mar Naveira, Luis Rodríguez e Antonio Fondo. Visitamos os distintos espazos de Santiago antigo e pulmóns verdes, así como a antiga traída de auga e o seu acueduto (S. X). A súa catedral, museos, Pórtico da Gloria, Corticela e pazo de Xelmírez. Paseamos por diferentes rúas, portas e zonas verdes. Pola tarde visitamos o pazo do Faramello, fito importante na ruta da translatio-camiño portugués. Coñecemos un pazo industrial (fábrica de papel desde principio do S. XVIII ao XIX). A súa capeliña da Virxen das Neves, as solucións ornamentais de cubertas vexetais, a reforestación e rexeneración dun bosque de ribeira, da man da institución americana FIRE. E demos homenaxe as vítimas do Alvia plantando un cercis (árbore do amor).

Ciencia en galego: microrrelatos periódicos

Para conmemorar a semana da ciencia en galego, os alumnos de 4 da eso veñen de demostrar que as ciencias non están reñidas coas letras. Aquí tedes unha pequena mostra dos “microrrelatos periódicos”. Contos, chistes, historias cos elementos da táboa como protagonistas.

MAGOSTO 2019

Celebramos un MAGOSTO coa actuación de alumnos do centro, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

 

As chicas somos guerreiras... e tamén enxeñeirias e científicas...

O alumnos de Oratoria de 1º de Bacharelato visitaron a exposición no Goberno Civil. Estiveron acompañados polas profesoras Teresa Pastor, Isabel Ruso e Beni Vidal.

 

 

Acto de entrega de dúas portabandeiras por parte do Xeneral Francisco Sánchez Fernández, xefe da Forza Loxística Operativa

Intervención de María del Pilar Corominas Eiras, Vicepresidenta da Xunta de Delegados de alumnos, ante os alumnos representantes no Consello Escolar e Delegados e Subdelegados de grupos :

"Bos días, meu nome é Pilar Corominas, como vicepresidenta da Xunta de Delegados e en representación de todo o alumnado do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, gustaríame agradecerlle ao Xeneral Francisco Sánchez Fernández, xefe da Forza Loxística Operativa, o agasallo concedido ao noso instituto.

Aínda que nestes momentos, nos atopemos nun período de obras e remodelación, esperamos que máis cedo que tarde poidamos lucilo neste gran edifício e nos futuros actos que acollerá."

 

 

“Colexios con gancho”

Charla “Colexios con gancho” por xogadores do Basket Coruña.

A profesora Mª José Rivas particia nas Jornadas del Programa Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo en Madrid.

Los días 17 y 18 de octubre se celebraron en Madrid las Jornadas de Formación del Programa Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo donde la profesora coordinadora de nuestro centro María José Rivas Díaz participó en los distintos talleres y ponencias, para que nuestros futuros Embajadores Junior de 4 ESO puedan participar en el Programa este curso y conozcan las oportunidades que les ofrece la Unión Europea y sean conscientes del papel tan importante que desempeña el Parlamento Europeo.
Mucho ánimo a nuestros futuros Embajadores Junior.

Intercambio de Francés: visita dos alumnos de Fontenilles

¿E TI DE QUEN VES SENDO?

Converteuse este ano en Et toi, tu es né où?

Os amigos do Irène Joliot-Curie participaron no traballo que levará a cabo a biblioteca do noso centro baixo o lema ¿E ti de quen ves sendo?

Nun acto sinxelo, onte xoves, 17 de outubro, estiveron presentes no salón de actos para falarnos deles mesmos e da orixe das súas familias.

Pero houbo moito mais na súa visita deste ano. Baixo un ceo tipicamente galego, anubrado e con choiva a maior parte dos días, non dubidaron en viaxar ata as terras da ría do Barqueiro, visitando o cabo de Estaca de Bares ou os acantilados de Loiba.

Xa mais preto da nosa cidade, estiveron no parque natural das Fragas do Eume, sen deixar de ir a Santiago ou facer un percorrido pola nosa cidade, guiados polos alumnos do ciclo superior de Formación Profesional de Guías turísticos. Por suposto, sen esquecerse dos museos científicos da Coruña, que tanto lles gustan.

Os nosos alumnos participantes, na súa meirande parte de 3º da ESO, andaban estes días un pouco nerviosos por quererlles ensinar todo o que a nosa cidade posúe. Mesmo onte, na festa que se organizou para agasallalos, xa no día da despedida, atopábanse entre ledos e tristes ao mesmo tempo, xa que os días xuntos estaban a punto de rematar. Pero por outra banda, vían que había moitos puntos de afinidade, as barreiras das distintas linguas esmorecían para dar paso a unha complicidade marabillosa, “son capaz de expresarme noutra lingua, xa me saen as verbas … ” dicíannos, pero apenas había  tempo xa … Sempre nos quedará a 2ª parte do intercambio, aló polo mes de abril, entón proseguiremos este camiño na Ocitania.

Dende o departamento de francés queremos dar as grazas ás familias acolledoras, aos alumnos dos ciclos superiores de Guías turísticos e mais de Organización de eventos polo magnífico buffet presentado na biblioteca. Á dirección do I.E.S. Plurilingüe Eusebio da Guarda por permitir levar a cabo este tipo de actividades.

Hai que dicir que ademais de Mme Tanis, este ano, os profesores acompañantes foron Dominique Volpato, profesora de historia e Anaïs Kenzi Gil, profesora de español.

Saúdos dende aquí á toda a comunidade educativa do Collège Irène Joliot-Curie de Fontenilles, os nosos amigos en terras galas.

Despedímonos ata o mes de abril, no que viaxaremos ata aló, aos rapaces xa lles tarda…

O DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut