Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

fase local da II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

O pasado martes 18 de febreiro un grupo de 10 alumnos de 2º da ESO participou na fase local da II Olimpíada Nacional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos acompañados polos profesores Carmen Couto e Daniel Varela. Os alumnos realizaron 6 probas interactivas e instrutivas relacionadas con eidos da enxeñería civil: pontes, loxística, xeotecnia, presas, hidráulica, etc. Todo desde unha perspectiva lúdica á par que instrutiva e formativa. A súa vez, realizaron unha visita organizada ás instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil e tamén houbo tempo para unha pequena festa con comida e bebida e a correspondente entrega de premios e obsequios.

Dende aquí queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas participantes polo interese e motivación mostrados.

Conferencia do escritor Alfredo Gómez Cerdá. Análise da obra “Ninfa rota”

Alfredo Gómez Cerdá, un dos máis importantes autores do panorama actual da literatura xuvenil en España, falou a estudantes de 2º e 3º de ESO de dúas das súas obras: Escoria e Ninfa rota. Os alumnos mostraron interese polos detalles da profesión de escritor e por algúns aspectos da trama destas novelase dos seus personaxes adolescentes. O acto, organizado polo Departamento de Lingua, foi presentado pola profesora Lisi Prado.

Intercambio con Stamford 2020: alumnos ingleses na Coruña

Un grupo de estudiantes ingleses acaba de pasar unha semana na nosa cidade como parte do Intercambio entre IES Eusebio da Guarda e Stamford Endowed Schools, nunha actividade organizada pola profesora de Inglés Mª José Pereira.

VII MARATÓN DE LECTURA SOLIDARIO

Hoxe, 17 de febreiro de 2019, estamos a celebrar o VI Maratón de Lectura no salón de actos. Desde primeira hora, moitos voluntarios, foran alumnos, ensinantes, amigos,... amos ... O diñeiro recaudado de forma voluntaria será entregado á Cociña Económica.

Visita do Ciclo Superior de Axencias e Xestión de Eventos ao Hotel Attica21 Coruña.

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Axencias de viaxes e Xestión de eventos visitaron onte as instalacións do Hotel Attica21 Coruña. Foron recibidos por un estupendo equipo profesional que lles explicou en profundidade o funcionamiento do departamento de eventos.

Visita dos alumnos de 6º de Primaria do CEIP Eusebio da Guarda

Estiveron acompañados polas súas profesoras e profesores e foron recibidos pola Dirección do Instituto, a súa Orientadora Ana Torres e a Coordinadora da ESO Mª Jesús Quintáns, que lles fixeron unha visita guiada por algunhas dependencias do centro: biblioteca, secretaría, colección de animais disecados, material didáctico antigo, unha aula de 1º de ESO na que recoñeceron antigos compañeiros de colexio..., para rematar no Salón de Actos. Aquí, a directora dirixiulles unhas palabras e sorteouse algúns obsequios.

A estas visitas tamén foi invitado o alumnado do CEIP Plurilingüe Labaca.

Torneo-debate na Barrié

Un grupo de alumnas de 1bach da materia de Oratoria, xunto coa súa profesora Dulce Fernández Graña, participaron esta semana no II Torneo de debate de Galicia organizado pola Fundación Barrié e a academia Talk.

Investiron moito traballo, moita vontade e moita ilusión, e a cambio aprenderon moitísimo, recibiron parabéns e viron premiado o seu esforzo. Unha grande experiencia que esperamos poder repetir o próximo curso.

“COUSAS DA MALA VIDA”: O RONSEL DE CASTELAO

Co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro, o alumnado de 2º ESO A, B e C elaborou microrrelatos, cuxo argumento estivo focalizado no tema do maltrato. Á parte de constituír un traballo para a Educación en Valores, cun asunto de triste actualidade, o alumnado quixo mostrar con esta tarefa a sensibilidade cara a esta lacra e darlles voz aos milleiros de vítimas que sufriron e están a sufrir situacións de abuso. Mais, por outra banda, estes microcontos queren tamén renderlle unha merecida homenaxe ao escritor Castelao, de quen se cumpriu o 7 de xaneiro deste 2020 o 70º cabodano do seu pasamento.

Baixo o título “COUSAS da mala vida”, o dito alumnado, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo, elaborou por parellas microcontos, coa técnica da “Cousa” unha sorte de “xénero” inventado por Castelao, quizais a creación literaria máis orixinal que nos deixou; historias de tamaño reducido, acompañadas por unha ilustración, que recolle o momento cume do relato. O esgrevio rianxeiro completou ao longo de anos unha colección de corenta e cinco relatos breves satíricos, “Cousas da vida”, co seu “humor de lima xorda”.

Esta obra de Castelao presenta textos críticos coa sociedade da época, resaltando as dificultades da vida dos galegos daquel entón, obrigados á emigración e angustiados pola pobreza. Tamén quixo reflectir a amargura dos regreso dos emigrantes que volvían de América. O seu estilo é breve, conciso, sen pararse moito en descricións; podería chamarse unha “prosa substantiva”, dado que sempre vai á acción do relato. Cómpre salientar un certo lirismo na forma de escribir as frases. Os relatos concentran todo o seu clímax nas últimas frases.

O dito alumnado leu os seus relatos no Salón de Actos do instituto, a finais do mes de novembro, durante os dous recreos e de xeito ininterrumpido, para renderlles unha humilde, mais sentida homenaxe, ás vítimas asoballadas e asemade, denunciar en voz alta o que é condenable, e visualizar a vergoña desta lacra social, recollendo a célebre frase de Marthin Luther King : “O comezo da fin da vida prodúcese cando gardamos silenzo ante as cousas que importan”.

A mostra destes textos pódese ver dentro da Exposición en homenaxe a Castelao, no 1º andar do instituto e ademais, en arquivo adxunto, dúas alumnas de 2º ESO C explican o seu traballo. Parabéns a este alumnado, que amosou dobre sensibilidade, tanto por seguir o ronsel do esgrevio rianxeiro, como por darlles a palabra ás vítimas do maltrato.

 

Teresa Pastor Novo

 (Profesora de Lingua Galega e Literatura)

Charla-Coloquio con Pablo Gesteiro do Equipo Europa

O alumnado de 4 ESO e os Embaixadores Junior de 2 Bach. asistiron  a unha Charla- Coloquio co  representante en Galicia do Equipo Europa, Pablo Gesteiro, que nos explicou a historia da Unión Europea e as oportunidades que ofrece Europa a xuventude. Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de facerllle preguntas sobre a Unión Europea.

EXPOSICIÓN HOMENAXE A CASTELAO NO SEU 70 CABODANO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura neste xaneiro de 2020 quere homenaxear a Afonso Daniel Rodríguez CASTELAO (Rianxo 29/01/1886 - Bos Aires 7/01/1950) facendo unha exposición sobre as distintas facetas da posiblemente figura máis importante da cultura galega do século XX. Considerado un dos principais creadores da prosa galega moderna, autor do texto teatral máis emblemático na historia da dramaturxia en lingua galega, debuxante extraordinario e máximo representante do nacionalismo galego de signo progresista, preocupado sempre pola defensa das clases populares galegas.

O alumnado aporta tamén á Exposición pequenas colaboracións de textos en prosa con imaxes ao xeito das Cousas do Mestre e tamén as que se subieron ao Blog da Biblioteca.

Parabéns!

Beni Vidal Tomé
Xefa do Departamento de Lingua Galega e Literatura

O alumnado de 2º Bach visitando a Exposición de Castelao coa profesora de Lingua e Literatura Galega Beni Vidal que lles fixo un percorrido pola vida e obra do xenial escritor e debuxante:

1C: Chocolate con churros

Celebrando o premio de Nadal en compañía da súa titora Isabel Cornes e a directora Isabel Ruso.

Charla “A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia”

Para alumnado de CTMA de 4º de ESO, conferencia de Eugenio Fernández Carrasco , dr do departamento de enxeñaría química da USC Organizada polo Departamento de Bioloxía e xeoloxía.

Reseña: Entrevista en Radio Coruña Cadena SER con nosos Embaixadores Junior


As Embaixadoras Junior de 4 ESO: Celia Fondo e Paula Martínez acompañadas pola Coordinadora das EEPE, María José Rivas foron entrevistadas no programa da Cadena SER Hoy por Hoy A Coruña pola periodista Maite González.
Na emisora explicaron que e unha “Escuela Embajadora” e as actividades que se levan a cabo dende o noso Centro e como tratamos de mellorar o coñecenento sobre a UE implicando a xuventude na construcción de Europa e fomentando as oportunidades que ofrece a UE.

1A Chocolate con churros

Celebrando o premido de Nadal coa titora Noemí Día e a directora Isabel Ruso.

2ºA Chocolate con churros

 Celebrando o premio de Nadal acompañados pola súa titora Minia Prego e pola directora Isabel Ruso.

XV Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega)

O pasado día 17 de xaneiro os alumnos de segundo de bacharelato participaron na XV Olimpiada de Bioloxía celebrada na facultade de Bioloxía da USC. Os alumnos de 2º Bach (Esther González Noguera, Marcial Seoane Casado, Andrea Casanova Mato Daniela Balza Romero) realizaron unha proba teórica e outra práctica que se formalizou en catro actividades que se desenvolveron en distintos laboratorios da facultade. A maiores os alumnos asistiron a unha charla impartida polo profesor Jesús Ángel López Romalde “Virus entéricos y moluscos bivalvos: un reto en seguridad alimentaria”.

A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e xeoloxía e os alumnos estiveron acompañados polo profesor Manuel Blanco, de dito Departamento.

XV Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega)

Distribuir contido


by Dr. Radut