Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

María Haua Belda, alumna de 2º Bac, irá á Olimpiada Nacional de Química

María Haua Belda, alumna de 2º Bac, entre as mellores cualificacións en Química na ABAU pola demarcación da Universidade de A Coruña, foi seleccionada para participar nas probas da Olimpiada Nacional de Química 2020 que se desenvolverá telematicamente o 16 de setembro, e que estará organizada pola Universidade de Valencia. Tamén quedou entre os mellores o alumno Marcial Seoane Casado. NORABOA!

 

La Opinión A Coruña:

 

Marcial Seoane Casado, alumno de 2º de bacharelato, recibido pola Alcaldesa

A alcaldesa, Inés Rey García, recibiu ao alumnado que obtivo os dez mellores resultados da ABAU da cidade, entre eles o noso alumno Marcial Seoane Casado, que obtivo a cualificación máis alta da Coruña. O acto celebrouse o 31 de xullo no Salón de Sesións do Pazo Municipal da Coruña.

II EDICIÓN DOS PREMIOS ISABEL ZENDAL DE PROMOCIÓN DO PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

Os tres alumnos e alumnas da Categoría A da II Edición dos Premios Isabel Zendal foron para Lucas Castro Cano, Yolanda Rey Chenlo e Icía Amboage Maneiro, os tres de 1º de ESO do Instituto Eusebio da Guarda, baixo a coordinación da súa profesora Noemí Díaz Vázquez. Noraboa!

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2020

O 30 de xuño celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Unha celebración adaptada á COVID-19. Fixemos fotos de grupos nas escaleiras ás seis en punto e despois continuamos no patio do Instituto. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro a profesora de Lingua Galega e Literatura Dna. Benigna Vidal Tomé, e respondéronlle, en nome do alumnado, Lucía González Antón e Iago Jopia Astray. A presentación do acto estivo a cargo de Eva González Fernández e Álvaro Dolz del Castellar Castiñeira. Actuaron as alumnas Elena Lado Filgueiras e Ángela Martínez LoureiroEsta promoción foi particularmente boa: 10 alumnos e alumnas levaron matrícula de honra. Parabéns á promoción do 2019-20, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Actualizadas as fotos (a maioría delas de José Carlos Rivas Bértolo)

 

Lección de Clausura do curso 2019-20 a cargo da profesora Dna. Benigna Vidal Tomé:

 

Vídeo 2 (polo profesor D. Manuel Varela Domínguez):

 

Vídeo 1 (pola profesora Dna. Dolores Martín Trillo):

 

La Voz de Galicia:

Carteis e Cómics sobre Igualdade e Diversidade

Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBT o alumnado do IES Eusebio da Guarda, coordinado coa profesora Noemí Díaz, mostra o seu respecto á diversidade afectivo-sexual e de xénero cunha exposición de Carteis e Cómics sobre Igualdade e Diversidade.

Por tanto animamos a todas persoas interesadas, alumnado, profesorado, familias..., a visitar a exposicion que se atopa na planta baixa, no corredor que vai do vestíbulo á Biblioteca, en horario de mañá.

Calquera persoa que visite a Exposición poderá coller na exposición un detalle conmemorativo como unha chapa, unha pulseira ou unha pegatina, a modo de agasallo.

Os embaixadores de 2ºBach recibieron a mensaxe do Presidente do PE e despedíronse diante do Infopoint.

Os embaixadores de 2ºBach recibieron a mensaxe do Presidente do PE e despedíronse diante do Infopoint. 

Boa sorte!!! (Beni Vidal).

 

O Embaixadores do Eusebio na revista EDUGA, pola profesora de Lingua e literatura galegas Benigna Vidal Tomé:

Fluxo laminar e turbulento da agua. Marcos Quiroga Rodríguez (1º Bacharelato)

Traballo feito para Física e Química, coa profesora Loli Blanco.

Alba García Sevilla e Paula Taboada Bravo, alumnas da profesora Noemí Díaz, 1º e 2º premios de ADOS. Noraboa!!

Alba García Sevilla e Paula Taboada Bravo, dúas alumnas de 1ºESO do noso centro, logran o 1º e 2º premio, respectivamente, do Concurso de Carteis sobre Doazón de Sangue e Transplantes, coa orientación da profesora Noemí Díaz Vázquez.

Destacar a importancia do premio posto que, participando centros de toda Galicia, foi o IES Eusebio da Guarda o centro que recibiu tódolos premios deste ano! Alba recibirá unha tablet, Paula unha cámara deportiva, Noemí unha tablet por premio e o centro 1.500 euros en material escolar.

A nosa noraboa a Alba e a Paula polo seu traballo e creatividade, e grazas por facer que o IES Eusebio da Guarda sexa un referente en solidariedade para toda Galicia.

ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue)

 

1º premio: Alba García Sevilla

2º premio: Paula Taboada Bravo

 

❤️ Con moito cariño de 1ºA ❤️

 

O alumnado de 1ºA quérevos enviar todo o cariño e o ánimo do mundo!
Grazas por todo profes!

A súa titora é a profesora de Bioloxía e Xeoloxía Noemí Díaz.

Santiago Vilas Subirán (2ºC ESO): Especial informativo "El virus económico" para Canal 7 Noticias

Neste tempo de desconcerto e incerteza, podemos subliñar o gran esforzo e creatividade do noso alumnado. Exemplo disto é o traballo do alumno Santiago Vilas de 2ºESO C, quen  combina a súa grande paixón, o xornalismo,  coa  tarea para a asignatura de Educación Financieira titulado "A Economía en corentena", cuxa profesora é Isabel Cornes.

O Eusebio: mellor con máscara!!

Os docentes do IES Eusebio da Guarda, queren animar a todo o seu alumnado a poñerse a máscara cada vez que saian á rúa. E por iso quixeron dar exemplo co seguinte mural composto polo profesor de Tecnoloxía Serxio Recouso:

Ademais desde o departamente de Tecnoloxía están a promoverse unha serie de retos. No reto número 8 animan ao alumnado a realizar as súas propias máscaras caseiras no caso de que non teñan unha homologada:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut