Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2020

O 30 de xuño celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Unha celebración adaptada á COVID-19. Fixemos fotos de grupos nas escaleiras ás seis en punto e despois continuamos no patio do Instituto. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro a profesora de Lingua Galega e Literatura Dna. Benigna Vidal Tomé, e respondéronlle, en nome do alumnado, Lucía González Antón e Iago Jopia Astray. A presentación do acto estivo a cargo de Eva González Fernández e Álvaro Dolz del Castellar Castiñeira. Actuaron as alumnas Elena Lado Filgueiras e Ángela Martínez LoureiroEsta promoción foi particularmente boa: 10 alumnos e alumnas levaron matrícula de honra. Parabéns á promoción do 2019-20, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Actualizadas as fotos (a maioría delas de José Carlos Rivas Bértolo)

 

Lección de Clausura do curso 2019-20 a cargo da profesora Dna. Benigna Vidal Tomé:

 

Vídeo 2 (polo profesor D. Manuel Varela Domínguez):

 

Vídeo 1 (pola profesora Dna. Dolores Martín Trillo):

 

La Voz de Galicia:



blog | by Dr. Radut