Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2014-2015

Videos da iniciativa "Clases sen fume"

"Todo o alumnado"

"Subida do cigarrillo"

"Canción"

"Verbas da Directora"

"Presentación 1º ESO A"

"Presentación 1º ESO B"

"Presentación 1º ESO C"

"Presentación 1º ESO D"

(Actividade levada a cabo polos titores de 1º da ESO. Os videos sson do profesor Roberto Zuluaga)

Viaxe aos Picos de Europa de 4º ESO

 (hai moitas fotos máis facendo clic na imaxe)


 

Concurso Canguro Matemático 2015

(Hai máis imaxes. Fai clic para velas)


 

Rafting no río Ulla do alumnado de 3º ESO

 (fai clic na imaxe para ver máis fotos)


 

Sendeirismo e Kaiak nas Fragas do Eume

Para finalizar o curso 14/15, o alumnado de 1º ESO, o pasado 18 de xuño, realizou unha actividade no entorno das FRAGAS DO EUME, na que se combinaron 2 actividades: roteiro (7 kms aprox) e Kaiak no encoro de Monfero. 

Tras un duro e longo curso, de adaptación a un novo centro, novo profesorado e novos compañeiros, todos se relaxaron e disfrutaron da natureza na compaña dos seus titores, Roberto (1ºA), Ricardo (1ºB), Cristina (1ºC) e Silvia (1ºD), e Alejandro (FR).

(fai clic para ver máis fotos)

Finalizouse a xornada cunha parada diante do Mosteiro de Monfero, antes de regresar a nosa cidade.

 

Parabéns a todo o alumnado, tanto dos monitores da empresa como dos profesores,  polo seu comportamento e destreza nas actividades realizadas.

Prof. Roberto Zuluaga

Alumnos de 1º ESO foron invitados a un partido do Depor

O pasado 18 de abril, máis de 80 alumnos/as de 1º ESO tiveron a fortuna de presenciar no Estadio de Riazor, o encontro de fútbol DEPOR-AT. MADRID, en tribuna.

A pesares de que o resultado 1-2, non foi do agrado da meirande parte do alumnado, o seu alento quizáis serviu para que finalmente o DEPOR acadase a tan ansiada permanencia na máxima categoría do fútbol español.

 

(fai clic para ver máis fotos)

Os alumnos foron acompañados por Roberto e Ricardo (titores) e por varios adultos máis.

 

Grazas a Mónica Ferreño (nai dunha alumna), quen fixo posible que moitos alumnos  pisasen por primeira vez o Estadio de Riazor.

Prof. Roberto Zuluaga

Excursión de 2º ESO ás Fragas do Eume

Os alumnos de segundo da ESO celebraron o fin de curso visitando un dos paraísos naturais autóctonos: as Fragas do Eume. Foi toda una experiencia de convivencia, diversión e de retos superados: cambiar a pegada do asfalto polo contato coa terra, sortear troncos e fiunchos sen esvarar, atravesar corredoiras agarrados a unha corda, comer ao aire libre e deixar o contorno tal e como o atopamos ao adentrarse nas Fragas navegando polo río en "kayak" e refrescándonos despois nas súas augas. Unha aventura, sen dubidalo, digna de volver a ser repetida.

 


 

Agasallo polo Entroido 2015 (1º ESO)

A clase de 1ºA ESO, foi agasallada polo equipo directivo, cun ben merecido “chocolate con churros”, pola súa posta en escena da parodia “Onde está Wally???”, durante o pasado concurso de Entroido do instituto.

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)

 

 


 

Educación Vial - Karts (2º ESO)

O alumnado de 2ºESO, durante o pasado mes de abril, a través do departamento de EF, realizou un curso de Educación Vial, nas instalacións do Karting Marineda. Tras unha curta aínda que didáctica charla, pasaron a facer unha pequeña pero divertida actividade práctica ao volante dos karts, nas que algúns amosaron a súa habilidade ao volante.

 

 

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)

 


 

Visita ao Museo de Belas Artes (1º ESO)

 

 

Durante os pasados meses de febreiro e marzo, o alumnado de 1º ESO a través do departamento de EPV e dos seus titores, acudiron en dúas ocasións ao Museo de Belas Artes da Coruña. A primeira visita serviu para coñecer as diferentes salas do Museo a través da actividade  “Enigma no Museo”, pequeño xogo de pistas. A segunda visita foi para realziar a visita “O primeiro Picasso”, onde se atoparon con algunas dasobras creadas por Pablo Picasso durante a súa estancia na cidade da Coruña, e máis en concreto, durante os seus estudos de Artes no noso instituto.

 

 

 

 

 

(Fotos de Roberto Zuluaga)

Patinaxe sobre xeo (1º e 2º ESO)

Durante os pasados meses de decembro e xaneiro, o alumnado de 1º e 2º ESO, a través  do departamento de EF, acudiron a realizar unha actividade tan gratificante como é o Patinaxe sobre Xeo, na pista ubicada no exterior do centro comercial Marineda.

 

 

O seu comportamento foi excelente e non tivemos que lamentar ningunha lesión de gravidade, máis alá dalgunha pequena caída simpática.

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)


 

Festival da Francofonía 2015

 

"O día 19 de maio asistimos ao festival da Francofonóa en Vilanova de Arousa xunto cos nosos profesores Juan Carlos Méndez Ávila e Mª Jesús Quintáns. Actuaron varios institutos de Galicia, entre eles o Eusebio. Actuamos case dos últimos cantando a canción "Toi et moi" de Guillaume Grand.

 
O son era bastante malo, xa que era un pabellón de deportes, pero o festival foi divertido. Despois de ver a actuación de tódolos grupos, fumos á praia en autobús. Alí tomamos o xantar que trouxeramos da casa. Case todos levaban a camiseta da Francofonía, o que facía  difícil distinguir un grupo doutro. Despois voltamos ao autobús e ás 18:00 h. xa estabamos na Coruña.

Ángela Martínez Loureiro

Lucía Justo Armesto
1º ESO A "

 Máis fotos:
 
 

Excursión do Departamento de Relixión Católica ao Mosteiro de Oseira, 14 de maio de 2015

Velaiquí a crónica da viaxe que fixeron hai unhas datas, e unha selección das fotos que tomaron. O texto é de Antonio Fondo, as fotos de Carmen Aquino.

 


 

Videos da graduación de 2º Bacharelato 2015

Dirixido e realizado pola nosa alumna Ana Sanmiguel Castro, xa podes ver o video que despide os alumnos de 2º de Bacharelato do Eusebio, curso 2014/15.

E tamén temos o video do discurso de Ignacio Roura:

Actualización: Engadimos algunhas fotos de familia e tamén o publicado hoxe en La Voz de Galicia:

 

 

Gracias os nosos colaboradores!


 

 

XX Día da Ciencia na rúa

Invitados pola Agrupación Astronómica Io, os alumnos de 2º ESO Roque Placer e Alfredo Chavert acudiron á XX edición do Día da Ciencia na Rúa co seu Telurio, feito para un proxecto de mecanismos en Tecnoloxía. 

O artello foi admirado especialmente polos cativos, aínda que os adultos amosaban sorpresa ao velo feito con materiais de refugallo na práctica totalidade.

O proxecto empregaba dúas pilas para mover o conxunto Sol-Terra-Lúa a través de varias rodas con correa coma mecanismo de transmisión e reducción da velocidade dun motor eléctrico. Clicando na imaxe poderás ver máis fotos e tamén un video do funcionamento (autores das fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García).

 


 

Viaxe a Fontenilles

Viaxe a Fontenilles

 

Un ano máis acabamos de volver de Fontenilles. Este ano un grupo de 27 alumnos de 3º e 4º da ESO estivemos practicando a lingua de Molière cos nosos “corres” e as súas familias durante a semana pasada.

 

A viaxe foi longa pero, coma sempre, mereceu a pena. Houbo tempo para todo, xa podedes ver as fotos ... para xantar nunha adega de Toulouse, para pasear por diante do edificio de Capitole, para visitar unha granxa de patos, ¡qué rico estaba o “foie-gras” que nos deron a probar!, para camiñar, máis ben diría trepar, ata chegar á cima da vila de Cordes sur Ciel, mesmo aí nos tendes traballando co chocolate no seu museo, coma uns profesionais... cada un de nós decorou seu ovo, qué risas cos sombreiros de cociñeiro e os mandís!!!!

 

Por certo, recomendámosvos a visita de Cordes, o pobo “preferido polos franceses no ano pasado”. Ah, non nos esquecemos de dicirvos que mesmo fomos recibidos pola alcaldesa no concello, ¡qué importantes visitantes!

 

Cremos que moitos recordos se quedarán dentro de todos nós para sempre, moitas festas de benvida e despedida, cantar non é que cantaramos moi ben  .... pero todo o mundo aplaudía. Mesmo interpretamos unha pequeniña obra de teatro ...

 

Oxalá sigan estas actividades que nos fan coñecer outros rapaces da nosa idade que viven lonxe e oxalá siga este reencontro posterior das nosas familias. ¿Sabiades que pouco a pouco vanse producindo novas viaxes, agora coas familias? Todo Fontenilles quere coñecer A Coruña e os da Coruña non dubidamos en ir ata aló, tampouco.

 

Merci à tous pour ce merveilleux accueil!!!!!

 (Texto: Mª Jesús Quintáns)


 

Clausura do programa Clases sen Fume

O luns 27 de abril a Delegada da Xunta de Galicia, dona Belén Docampo, clausurou o programa da Xunta de Galicia Clases sen Fume, acompañada pola Xefa Territorial de Sanidade, dona Cristina Pérez, e o Xefe Territorial de Educación e O.U., don Indalecio Cabana. A coordinadora da actividade, Berta López Tato, impartiu unha interesante conferencia. Os alumnos participantes recibiron un agasallo e unha invitación especial para visitar o Planetario.

 (Os Sres. Cabana e Zuluaga, na foto de P.R. Porca)

 

Actualización: A nova, recollida por El Ideal Gallego, ao día seguinte.

Actualizado:

(foto: Mario S. García)


 

III Xogos Escolares organizados polo Concello de A Coruña

 

 

 (Fai clic para ver todas as imaxes)

Os equipos do IES P. Eusebio da Guarda acadaron a segunda posición na categoría de Fútbol 11 (ESO masculino), a cuarta posición na categoría de Fútbol 7 (ESO e Bacharelato feminino) e o Premio á Deportividade na categoría de Fútbol 11 (Bacharelato masculino).

Noraboa ós participantes!

 


 

XXXII Olimpiada Galega de Química de Bacharelato

Equipo de alumnos do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda que participou na XXXII Olimpiada Gallega de Química de Bacharelato que se celebrou o 27 de marzo no distrito de A Coruña. De esquerda a dereita, os alumnos Álvaro Vila Latas, Juan Carlos Rivera Rey, Pedro Tomé Veira (3º posto), Uxía Couto Lareo, Gonzalo Cao Labora (5º posto) e Clara Rodríguez González, acompañados polos profesores do Departamento de Física e Química Mª del Carmen Díaz Cabanas, Pedro Luis Rodríguez Porca, Miguel García Rodríguez e Mónica Osuna Vitos.

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia ven de publicar os resultados.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut