Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNOS 2024-2025

Por haber máis solicitudes que prazas convocadas, os aspirantes de: 1º, 2º, 3º, 4º da ESO, 1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía, 1º Bacharelato Humanidades de CC:SS, 2º Bacharelato Ciencias e Tecnololxía, teñen dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión para presentar toda a documentación para ser baremada.

SECRETARÍA

 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO:

DE LUNS A VENRES:

DURANTE O CURSO: DE  9:00  A  14:00  H.

MES DE XULLO: DE  9:30  A  13:30  H.

MES DE AGOSTO: DE  10:00  A  13:00 H.

 

 ADMINISTRATIVAS:

  • Mª ISABEL DE LA FUENTE SEIJO
  • FÁTIMA PÉREZ FERNÁNDEZ
  • CECILIA VARELA GÓMEZ

MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

MATRÍCULA EN DIÚRNO
 
Sen prexuízo do establecido na Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8/11/2022)
 

 Realizarase na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 h. 

 
Alumnado de ESO:                               
  • 1º ESO : 3, 4 e 5 de xullo.
  • 2º ESO:  29 e 30 de xuño
  • 3º ESO: 29 e 30 de xuño
  • 4º ESO: 26, 27 e 28 de xuño

Alumnado de BACHARELATO:

  • 1º BACH: 26, 27 e 28 de xuño
  • 2º BACH:
    • Alumnado de 1º BACH que aprobou todo ou con unha ou dúas materias suspensas na convocatoria ordinaria, para cursar 2º BACH: 6, 7 e 8 de xuño.
    • Alumnado pendente de matricular de 2º BACH: 6 e 7 de xullo

IMPRESOS DE MATRÍCULA: Poden recollerse en Conserxería ou nos seguintes enlaces:

 

Neste enlace está a información sobre as novas materias LOMLOE.

 
 
 

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO

31 de maio de 2022

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO 

O prazo para devolver os libros será 20, 21 e 22 de xuño na secretaría de 9:00 a 13:00h (só se recollerán libros neses días e nese horario).

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

 

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021 

O prazo para devolver os libros será 17, 18, 21 e 22 de xuño na secretaría de 9:00 a 13:00h (só se recollerán libros neses días e nese horario).

Se tes materias pendentes para setembro entregarás eses libros do 3 ao 6 de setembro na secretaría de 9:00 a 14:00 h (só se recollerán libros neses días e nese horario).   

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

 

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR 2021

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR 2021

  • As listaxes provisionais están publicadas no taboleiro de anuncios do Instituto (consultas de 9:30 a 13:30 en xullo, de 10:00 a 13:00 en agosto).

  • Tamén poden ser consultardas na aplicación fondolibros por aqueles solicitantes que teñan Chave365 ou certificado dixital ou equivalente.

  • A partir do 2 de agosto, de 10:00 a 13:00 h, poden recollerse nas oficinas do Instituto os vales ou cheques do material escolar.

Solicitude de praza e matricula nos ciclos de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e Guía, Información e Asistencia Turísti

Solicitude de praza e matricula  nos  ciclos de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e Guía, Información e Asistencia Turística. 
 
Aberto o prazo para a solicitude de prazas nos ciclos de grado superior do 25 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00 horas
 
O calendario para solicitar praza e matricularse ven dado no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9208
 
Matrícula para 1º:  
Solicitude e Matrícula: a través da aplicación web e formalización da matrícula no instituto.  
 
Matrícula para 2º: 
Alumnado de 1º do curso 2020/21 promocionado a 2º, matrícula entre o 25 de xuño e o 5 de xullo.

 

Alumnado doutros ciclos: solicitude no centro (25 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00), impresos en conserxería e na páxina web; para a adxudicación, matrícula, mesmos prazos que en 1º 

Impresos de matrícula para ADULTOS (ESA e BACHARELATO) e CICLOS para o curso 2021-22

Impresos de matrícula para ADULTOS (ESA e BACHARELATO) e CICLOS

CURSO 2021-22

(Ver arquivos adxuntos)

Título de Bacharelato - Matrícula ABAU - Probas Extraordinarias ABAU (Selectividade) - xullo 2021

SOLICITAR O TÍTULO DE BACHARELATO

(Trámite imprescindible para presentarse a ABAU).

  • Impreso cuberto cos datos do alumno-a, terás que cubrilo e imprimir 1 copia.

  • Seguir as instrucións para pagar as tasas.

Presentar os dous impresos o 29 de xuño na Secretaría xunto cos impresos da ABAU.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU (Selectividade)

O alumnado que desexe matricularse da ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas da ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro, o 29 de xuño, a documentación que se relaciona a continuación:

  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).

  • Impreso de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 1 copia desde ese enlace.

  • Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula: cubrir este impreso e imprimir 3 copias.

Unha vez feita a matrícula, o alumnado poderá acceder á aplicación Nerta cunha conta de usuario que lle chegará polo seu correo electrónico. Premer para ver as instruccións correspondentes.

Importe do prezo de matrícula ABAU:

  • Ordinaria:  63,67 Euros

  • Familia numerosa - Categoría xeral: 31,84 Euros

  • Familia numerosa – Categoría especial: Gratuíta

O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa, deberá aportar xunto co xustificante bancario, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.

  • Persoal das Universidades do SUG: Gratuíta. A gratuidade deberán acreditala mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal e, no caso de cónxuxe ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia onde figure o matrimonio e o alumno/a.

  • Persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero: Gratuíta

Publicación listaxe matriculados:

O 30 de xuño no Instituto pódense revisar os datos e pódese interpor reclamación dende as 9:30 ata as 14:00 horas na secretaría se hai algún erro.

EXAMES ABAU

Lugar, para o alumnado do IES Eusebio da Guarda: Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira. A Coruña.

Datas convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo

Horario das probas

 

Máis información: CiUG 

ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22
 
 
12 de maio: publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2021-2022.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Segundo o artigo 32 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

23 de abril: publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2021-2022.

As listaxes poderán consultarse:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas antes do 15 de maio de 2021.

----------------------------------------------------------------
 
SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 22 de marzo de 2021.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
  • Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN: ver máis abaixo en Adxuntos.
 
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: do 25 de marzo ata o 7 de abril.
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
  • Prazo para a matrícula ordinaria: a finais de xuño-inicio de xullo de 2021 (informarase con anticipación).
  • Prazo para a matrícula extraordinaria: principios de setembro de 2021 (informarase con anticipación).

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR para o curso 2020-21

FONDO DE LIBROS e MATERIAL ESCOLAR para o curso 2020-21

  • As listaxes definitivas de admitidos e excluídos estarán publicadas no taboleiro de anuncios do Instituto a partir do día 14 de setembro.

  • Tamén poden ser consultadas na aplicación fondodelibros por aqueles solicitantes que teñan Chave365 ou certificado dixital da FNMT.

  • A partir do 15 de setembro poden recollerse nas oficinas do Instituto os vales ou cheques do material escolar.

Solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-21

AVISO:

Por haber máis solicitudes que prazas convocadas, os solicitantes de prazas para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, deberán presentar toda a documentación no Instituto Eusebio da Guarda ata o 26 de maio para ser baremadas.

 

Solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-21

 ----------------------------------------------

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 polo que se restablece o procedemento de admisión despois de estar paralizado pola COVID-19

 

Novos prazos do procedemento:


a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio de 2020.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: ata o 26 de maio de 2020.

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula na ESO e BACH:

    • Prazo para a matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

    • Prazo para a matrícula extraordinaria: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

----------------------------------------------

 

 

Presentación de solicitudes de admisión:

  1. Na aplicación Admisión de alumnado da Xunta de Galicia utilizando o método 2 ("Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica") ou ben na Sede Electrónica
  2. Na aplicación Admisión de alumnado da Xunta de Galicia utilizando o método 1 ("Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro")
  3. Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común

             Solicitude en Galego

             Solicitud en Castellano

 

Nos dous últimos casos, a solicitude, acompañada da correspondente documentación, será entregada no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

Baremo de escolarización

Normativa

Plano de zonas de influencia e limítrofes do IES Eusebio da Guarda

Mapa de zonas escolares da Coruña

 

NOTA INFORMATIVA:

Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

ESA - Educación Secundaria de Adultos

 

PRESENTACIÓN E INICIO DE CLASES:

 

Luns 23 de setembro ás 18:30 h.

 

ESO e Bacharelato diúrno: Matrícula setembro para o curso 2019-20

MATRÍCULA DE SETEMBRO PARA ESO E BACHARELATO DIÚRNO PARA O CURSO 2019-20

 

5 de setembro, de 9:00 a 14:00 h

Os impresos para a matrícula pódense recoller en conserxería ou descargar aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut