ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22
- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Segundo o artigo 32 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
23 de abril: publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2021-2022.
As listaxes poderán consultarse:
- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas antes do 15 de maio de 2021.
-
Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).
-
Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.
-
Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-
Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
-
Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.
-
Prazo para a matrícula ordinaria: a finais de xuño-inicio de xullo de 2021 (informarase con anticipación).
-
Prazo para a matrícula extraordinaria: principios de setembro de 2021 (informarase con anticipación).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude admisión alumnado Galego.pdf | 1.52 MB |
Solicitude admisión alumnado Castellano.pdf | 1.53 MB |
Documentación2021.pdf | 98.2 KB |
Baremo Escolarización IES P Eusebio da Guarda curso 2021-22.pdf | 87.88 KB |
PLANO ZONA INFLUENCIA E LIMÍTROFE.jpg | 1.13 MB |
MAPA ZONAS INFLUENCIA.pdf | 1.15 MB |