Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-21

AVISO:

Por haber máis solicitudes que prazas convocadas, os solicitantes de prazas para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, deberán presentar toda a documentación no Instituto Eusebio da Guarda ata o 26 de maio para ser baremadas.

 

Solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-21

 ----------------------------------------------

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 polo que se restablece o procedemento de admisión despois de estar paralizado pola COVID-19

 

Novos prazos do procedemento:


a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio de 2020.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: ata o 26 de maio de 2020.

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula na ESO e BACH:

    • Prazo para a matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

    • Prazo para a matrícula extraordinaria: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

----------------------------------------------

 

 

Presentación de solicitudes de admisión:

  1. Na aplicación Admisión de alumnado da Xunta de Galicia utilizando o método 2 ("Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica") ou ben na Sede Electrónica
  2. Na aplicación Admisión de alumnado da Xunta de Galicia utilizando o método 1 ("Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro")
  3. Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común

             Solicitude en Galego

             Solicitud en Castellano

 

Nos dous últimos casos, a solicitude, acompañada da correspondente documentación, será entregada no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

Baremo de escolarización

Normativa

Plano de zonas de influencia e limítrofes do IES Eusebio da Guarda

Mapa de zonas escolares da Coruña

 

NOTA INFORMATIVA:

Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

AdxuntoTamaño
Baremo escolarización IES Eusebio curso 2020-21.pdf94.93 KB
Solicitude admisión alumnado Galego.pdf1.13 MB
Solicitude admisión alumnado Castellano.pdf1.14 MB
Documentación2020.pdf118.31 KB
PLANO ZONA INFLUENCIA E LIMÍTROFE.jpg1.13 MB
MAPA ZONAS INFLUENCIA.pdf1.15 MB


blog | by Dr. Radut