Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

Adrián Iglesias Queijeiro, alumno de 2º Bach: Accésit na LVI Olimpiada Matemática Galega 2020 !!

LVI Olimpiada Matemática Galega 2020.

O venres 17 de Xaneiro de 2020 celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC na que participaron 35 rapazas e 66 rapaces de 77 centros públicos e de 24 privados de toda Galicia.

Realizaron as probas consistentes na resolución de seis problemas matemáticos a desenvolver en duas xornadas de mañá e tarde de 3 horas e media cada unha.

Os tres primeiros premiados participarán na Fase Nacional da LVI Olimpiada Matemática Española. Ademáis otorgáronse 12 premios de Accésit pola calidade na resolución dalgún dos problemas. 

Os alumos de 2º de Bacharelato do IES “Eusebio da Guarda”, Marco Guiotto Sánchez, José Gómez Fernández, Adrián Iglesias Queijeiro y Ángela Martínez Loureiro, acompañados do profesor Luis Javier Rodríguez González do Departamento de Matemáticas, participaron nestas probas, resultando premiado cun dos Accésit o alumno de 2º de Bacharelato C,  Adrián Iglesias Queijeiro.

Parabéns ao premiado e aos participantes pola súa capacidade de esforzo e o seu interés en competir nesta proba.   OMG 2020

(Adrián o primeiro pola esquerda)

Charla “Cambio Climático. Mitos, lendas e ciencia”

Dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato foi organizado polo Departamento de Bioloxía e xeoloxía. A charla estivo a cargos dos profesores de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón e Xurxo Proupin Castiñeiras.

Charla da Escola de pilotos AFN

Charla da Escola de pilotos AFN para alumnos de Bacharelato

Felicitación de Nadal 2019 do Instituto

Postais premiadas:

1ºC Claudia Díaz López:

 2ºA Brigitte Dextre Arce:

 

 

Como se obteñen os fármacos

Visita de 1ºB de Bacharelato ao taller aberto da Domus "Como se desenvolven os fármacos", nunha actividade organizada polo Departamento de Física e Química. Proximamente acudirán os restantes grupos de ciencias de 1º de Bacharelato.

2019 Ano das Linguas Indíxenas e da Táboa Periódica

O alumnado de 1⁰ BACH A e E de Oratoria, coordinados pola súa profesora Teresa Pastor Novo, traballou durante o 1⁰ trimestre do curso a argumentación, tanto a oral como a escrita. Logo de realizar na clase, por parellas, interesantes disputas dialécticas sobre  distintas pseudociencias elixidas por eles, elaboraron tamén estes traballos en cartolina. Como tarefa feita en colaboración co Departamento de Física e Química, para conmemorar a efeméride "2019: Ano da Ciencia en Galego" e no mes de novembro pasado o "X Día da Ciencia en Galego", esta actividade procurou un dobre obxectivo: ser unha humilde achega destes xa consagrados oradores e oradoras para unha data tan relevante, e tamén para amosar que a Lingua Galega é absolutamente válida para a Ciencia.

O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de aprender a regueifear!

O último día de clase do primeiro trimestre o alumnado de 3º ESO, baixo a dirección da profesora de Lingua galega Dulce Fernández, tivo a oportunidade de aprender nada menos que a regueifear! A cantante Alba María, nun obradoiro desenvolvido no noso salón de actos, explicou de maneira práctica e participativa a historia, a estrutura e algún truco para facilitar esta difícil tarefa. Captou a atención do público desde os primeiros instantes improvisando unha copla referida á actividade, e continuou dirixíndose a uns e outros alumnos e alumnas seguindo a dinámica da regueifa e arrincando o aplauso do público. A seguir explicou a orixe da palabra: unha rosca cun ovo no medio que se comía de sobremesa nos casamentos, no momento en que os cantares e o sentido do humor se facían presentes. Nalgún canto tradicional faise alusión a ela, como podemos observar neste:

A regueifa está na mesa
e no medio ten un ovo,
para cortar a regueifa
veñan as de Portonovo
 

Na tradición galega a regueifa fai acto de presenza xa na Idade Media, nas tenzóns dos trobadores, e Alba María salientou a súa semellanza con modelos musicais actuais como o rap e outras formas semellantes que se dan en países ben afastados do noso. Finalmente, coa colaboración do público elaborouse unha copla aplicando a técnica musical, métrica e rítmica aprendida. Foi unha xornada de despedida de trimestre ben proveitosa que agardamos poder repetir. Moitas grazas Alba María!

A importancia do factor sorpresa

O 19 de decembro de 2019, ás 9 da mañá, o salón de actos do noso instituto converteuse por uns minutos no salón dun palacio no século XIII, para escoitar a voz de tres marabillosas artistas provenientes de Portugal, que percorren Europa cun feixe de cantigas medievais galego-portuguesas. Así, con estas palabras, dei comezo á farsa tecida para o alumnado de 1 BACH A, C e D quen, en todo o momento, pensou que ían escoitar a cantiga estudada na clase, na voz de tres importantes fadistas lusitanas. E aquí chegou a sorpresa; tras unha pequena introdución onde se lles explicou de novo a importancia desta cantiga do trobador Meendinho, entraron no salón de actos, vestidas como unhas auténticas "donas virgo" as alumnas María Rodríguez Cobo, Marta Rodríguez Cobo e María Vázquez Arjomil, que deixaron completamente abraiados os seus compañeiros. Logo de ensaios feitos ó longo deste trimestre, sacrificando o seu tempo de lecer, estas xa consagradas trobadoritz ou xograresas quixeron darlles un agasallo aos seus amigos e amigas, poñéndolle o broche final a este longo trimestre, onde o alumnado se puido mergullar na máxica Idade de Ouro das Nosas Letras. Quixera darlles as grazas polo interese mostrado en todo momento por esta actividade e, por suposto, facer unha especial mención ao Xefe do Departamento de Música, Faustino Porras Robles, quen amablemente nos fixo a transcrición musical desta xoia da literatura galego-portuguesa,  tomando como referencia a versión do cantautor Amancio Prada, do seu álbum de cantigas medievais Leliadoura.
Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua Galega e Literatura.

 

Visita de 1ºF de Bach á cidade de Coruña

O alumnado de 1 F de Bacharelato acompañados polos profesores Francisca Díaz Balboa e Antonio Fondo deron unha visita á cidade da Coruña partindo do feminismo e coñecendo polo miudo a Real Academia Galega. Acompañounos Xulio Cuba, quen fixo fincapé en diferentes figuras do feminismo que foron da Coruña: Emilia Parso Bazán, Juana de Vega, Teresa Herrera, Concepción Arenal ou mesmo Rosalía de Castro. Tamén nos achegou a Eduardo Pondal, Manuel Curros e aos diferentes presidentes da academia. Tanto a rapazada como os compañeiros viñemos embelesados. Grazas a Xulio, e grazas especialmente a Paquita de parte dos seus titorados.

Vota Estrela Rosalía. Actualizado: Rosalía xa ten estrela

(5 de novembro de 2019)

Actualizado o 17 de decembro de 2019:

Charla impartida por Vanessa Valdeiglesias sobre toxicoloxía xenética e nanotoxicoloxía

Para alumnado de ciencias de Bacharelato. Organizado polo departamento de Física e Química.

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades 2019

O evento UNITOUR é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións. Foron acompañados polos titores e pola Coordinadora de Bacharelato.

Antes de partir ao evento, posaron para o recordo:

E logo ti, de quen vés sendo? "Ponte no meu lugar". Visita ao Fogar de Santa Lucía en Bens

E logo ti, de quen vés sendo? "Ponte no meu lugar". Hoxe os alumnos de Relixión de 4 Eso, acompañados polos profesores Fco. X. Charlín e Antonio Fondo, pasaron unha mañán de achegamento a outras realidades e viron de primeira man o traballo solidsrio do Fogar de Santa Lucía en Bens. (17-Decembro-2019)

BURLINGTON CULTURAL TALKS

Os alumnos de 1° e 2° de bacharelato asistiron a unhas charlas sobre cultura británica e americana, ofrecidas pola editorial Burlington Books.

Distribuir contido


by Dr. Radut