Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2019-2020

Actividades curso 2019-2020

Participación na mesa redonda sobre o Plan Director nos Centros Educativos

A directora participa na mesa redonda sobre o Plan Director nos Centros Educativos organizado pola Delegación do Goberno en Galicia, Área de Alta Inspección de Educación.

"DURA LEX, SED LEX"

Con este principio xeral do Dereito Romano, que pode traducirse como " a lei é dura, pero é lei", pode resumirse perfectamente un dos obxectivos fundamentais da visita que o alumnado de 1 BACH da materia de Oratoria efectuou na mañá de hoxe aos Xulgados de Praza Monforte, para asistir como público a xuízos por delito leve, os antes chamados "xuízos de faltas": verificar a necesidade e a obriga de respectar e aplicar a lei en todos os casos, pois o respecto á mesma é positivo para a vida en sociedade e beneficia o futuro.
O dito alumnado estivo acompañado pola Directora do IES P. Eusebio da Guarda e polas profesoras que imparten a materia de Oratoria, Dulce Fernández, Yolanda Vila e Teresa Pastor, pertencentes ao Departamento de Lingua Galega e Literatura.
Ao longo da mañá, os rapaces e rapazas puideron vivir en directo como se desenvolven estes xuízos de diferente tipoloxía. A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 5 explicoulles polo miúdo o rol que realiza cada membro do tribunal.
Pero, como alumnos de Oratoria, tamén puideron ver diferentes exercicios de argumentación e comprobar que un discurso ben artellado, garante a lexitimidade e, sobre todo, que as falacias teñen "as patas muy curtas" e unha boa exposición coa verdade por diante, tira por terra calquera mentira.
Entre xuízo e xuízo, os estudantes interactuaron coa maxistrada e a fiscal, nun interesante diálogo, onde xurdiron temas transversais de grande validez para o crecemento persoal dos rapaces, como que a educación sempre abre portas, o respecto á autoridade, que todo acto ten as súas consecuencias, .......
Como complemento a unha educación en valores, os rapaces coñeceron tamén un inspector do Corpo da Policía Nacional, pertencente á Brigada de delitos tecnolóxicos, invitado expresamente pola maxistrada, quen lles falou dos perigos das redes sociais, poñéndolles nomes propios a delitos de triste actualidade: bullýing, sexting, grooming, ....... E, por riba de todo, de  non mirar para o outro lado, como o lema do noso centro, tanto sexan vítimas como coñecedores do delito, e denunciar sempre.
Xa para rematar, malia a duración desta actividade ( 4 horas), o alumnado non se despegou das súas cadeiras e mostrouse encantado en todo momento. Cómpre dicir que o seu comportamento foi óptimo, preguntando e sabendo estar nunha sala xudicial.
Oxalá todos lembremos esta fermosa e chuviosa mañá galega dun 16 de outubro de 2019, onde todos puidemos gozar da arte da palabra e do sentido da xustiza.
(Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua Galega e Literatura).

IGUAIS NA DIVERSIDADE

No Eusebio da Guarda, estamos a crear un grupo de alumnado e profesorado chamado "Iguais na Diversidade", para facer actividades ao longo do curso, e este venres é a primeira asemblea informativa.

A operativa é que vós, o alumnado, propoñades actividades e accións de concienciación, co fin de establecer o Eusebio da Guarda un centro libre de violencias machistas e de ataques LGBTIfóbicos.

Estas actividades poden ser nas datas conmemorativas do 25M (contra a violencia machista), 8M (da muller traballadora), 26A (visibilidade lesbica), 17M (contra a LGBTfobia)..., e poden ser murais, expos fotográficas, vídeos, performance, photocall....ou tamén cine forums, análise de artigos, etc.

Nas reunións periódicas tamén poderemos compartir experiencias vitais para así conseguir o apoio e axuda do grupo ante determinadas situacións.

Se compartes estas inquietudes, achégate o venres 11 de outubro.

Reunión do 15 de outubro:

Entrega de diplomas aos Embaixadores junior do PE

Os nosos Embaixadores junior do PE recibiron esta semana os diplomas de recoñecemento que outorga a oficina do PE en España como parte do programa Escolas Embaixadoras do PE do que o noso  Instituto é  Escola Embaixadora desde o curso 2018-19 da man de Beni Vidal Tomé, coordinadora do Programa. O labor de difusión dos valores e institución europeas iniciado o curso pasado co alumnado de 1º de Bach de Oratoria terá continuidade este curso con 4º de ESO.
Ademais queremos compartir con toda a comunidad educativa a nosa alegría por ter sido convidados polo eurodeputado Sr Millán Mon a visitar a sede do PE en Bruxelas en marzo de 2020.

Quecemento global

No marco da Global Climate Strike (folga xeral polo clima) convocada en todo o mundo o venres 27 de setembro, o alumnado do IES Eusebio da Guarda concentrouse diante do centro ás 11:10 da mañán durante 4 minutos e 15 segundos. Un acto que serve de reflexión en torno ao gran sinal de alarma que supón alcanzar unha concentración de partículas de dióxido de carbono na atmósfera de 415 ppm (partes por millón), nível que non se rexistraba dende hai máis de tres millóns de anos.

 

Ademais escoitou unha pequena declaración lida pola alumna de 2º de Bacharelato Elena Lado, representando ao alumnado e por extensión a toda a comunidade escolar do IES Eusebio da Guarda, sobre o que supón o quecemento global do planeta, como afrontar as súas consecuencias e cales son demandas aos governantes ante a grave crise medioambiental que está a causar.

Texto do manifesto, pola alumna de 2º Bach Elena Lado

 

Cuarta visita ao CERN

Alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron a Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polas profesoras Loli Blanco e Minia Prego.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut