Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 Manifesto:

 

O grupo de "iguais na diversidade" condea todo tipo de violencias machistas e para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, fixéronse siluetas representativas das mulleres asesinadas a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e pulseiras con lemas, unha estructura a entrada do IES onde poñer a nosa pegada contra o machismo, e ata 2 alumnos de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os dereitos das mulleres.

Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres:

 

RAP contra a violencia de xénero de dous ditorando da profesora Noemí Díaz:

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 2 ESO A, B e C elaborou microcontos, cuxa temática xirou arredor diso. Baixo o título "Cousas da mala vida", o dito alumnado creou pequenos relatos que se quixeron sumar contra esta lacra, dándolles voz aos silenciados para sempre. Seguindo o modelo do xénero COUSA, inventado polo esgrevio Castelao, estas pequenas grandes historias van acompañadas dunha ilustración, tamén realizada por eles, que recolle o momento cume do relato.

Como acto de rexeitamento, e para visualizar esta data, as rapazas e rapaces fixeron unha lectura ininterrumpida durante os dous recreos deste 25 de novembro. Durante esta semana seguirán manifestándose do mesmo xeito literario en ambos recreos.

Previamente, o alumnado de Oratoria de 1 BACH A e E leu un manifesto, elaborado por eles, co título: "Ata cando vai durar este eterno loito?". Ambos traballos foron coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura e de Oratoria, Teresa Pastor Novo:

 

AdxuntoTamaño
MANIFESTO MULLER.pdf71.01 KB


blog | by Dr. Radut