Skip to Content

Actividade de Ioga no nocturno

 

Os alumnos de nocturno disfrutaron de un taller de ioga impartido por unha profesora que da clases de hataioga no val Miñor, Teresa Prados, e un voluntario da asociación DEVI que difunde o dhyanaioga polas escolas da bisbarra de Vigo, Mario Bonaroti.

Ioga1

A actividade foi pensada como complemento ás clases do ámbito científico nas unidades didácticas do corpo humano.

Consistiu en darnos a coñecer os distintos tipos de ioga, reparando máis no dhyanaioga.

Explicaron en que consiste o hataioga, o ioga das posturas corporais, indicando como intervén no funcionamento do corpo humano, tanto na musculatura como na relaxación dos órganos internos. Despois trataron do dhyanaioga, que é o ioga da meditación explicando como inflúe na concentración e no control das nosas actuacións. Fixeron especial fincapé no pranayama, que é a palabra que utilizan para referirse á respiración consciente.

Ao final da actividade tivemos unha sesión de relaxación.

O alumnado implicado foi:

En xaneiro: 3º ESA B, PCPI B.

En febreiro: PCPI A

Participaron as profesoras Pilar Gil, Inés Pereiro e Pura González.

Ioga2Ioga3Ioga4

 

 


page | by Dr. Radut