EPA

ESA: Calendario de fin de curso 2017-2018. Prazo de admisión para o curso 2018-19.

Enviado por iesproval o Lun, 2018-06-18 00:10

O calendario de remate do curso para 2º ESA e 4ª ESA é:

Martes 19 de xuño: Remate das clases.

Mércores 20 de xuño: Exames finais do Ámbito Social de 2º e 4º (as 18:15 na aula 23) e do Ámbito Científico (as 20:15 no laboratorio de Física para 2º e no laboratorio de Bioloxía para 4º)

Xoves 21 de xuño: Exames finais de Inglés de 2º e 4º (as 18:15 na aula 12) e do Ámbito de Comunicación (as 20:15 na aula 27)

Luns 25 de xuño: Entrega de notas polos titores na aula do/a titor/a as 20:30. Inicio do período de reclamación.

 

Lembrar que esta aberto o prazo para solicitar a admisión de alumnado para o curso 2018-2019 en 1º e 3º de ESA. O prazo remata o 15 de xuño e a tramitación realizarase na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Xefatura de Estudos de Adultos.

( categories: )

ESA: Oferta de prazas para o curso 2018-2019

Enviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 15:22

A oferta de prazas do IES Escolas Proval para o curso 18-19 na Educación Secundaria de Adultos é a seguinte:

- Módulos 1º e 2º da ESA: 1 grupo (ata 30 alumnas/os)

- Módulos 3º e 4º da ESA: 2 grupos (ata 60 alumnas/os)

A oferta desenvolverase por cuadrimestres. No primeiro cuadrimestre (dende setembro de 2018 ata febreiro de 2019) desenvolveranse os cursos de 1º e 3º da ESA; no segundo cuadrimestre (dende febreiro de 2019 ata xuño de 2019) desenvolveranse os cursos de 2º e 4º da ESA.

Toda a etapa da educación secundaria pode realizarse en dous cursos académicos.

Xefatura de Estudos de Adultos

( categories: )

Exames extraordinarios 1º ESA e 3º ESA

Enviado por iesproval o Mar, 2018-05-08 18:57

O calendario dos exames extraordinarios é:

Luns 14 de maio:

de 18:15 a 20:15 Ámbito social, aula 23 (1º e 3º ESA)

de 20:15 a 22:15 Ámbito científico-tecnolóxico, laboratorio de física (1º ESA) e laboratorio de bioloxía (3º ESA)

Martes 15 de maio:

de 18:15 a 20:15 Inglés, aula 12 (1º e 3º ESA)

de 20:15 a 22:15 Ámbito de comunicación, aula 27 (1º e 3º ESA)

A entrega de notas será o mércores 16 as 20:00.

Lembrar que, en caso de suspender nalgún ámbito a matrícula do ámbito correspondente de 2º e 4º queda anulada.

Os días nos que se realizan os exames finais extraordinarios suspéndense as clases.

Xefatura de estudos de adultos.

 

( categories: )

Moda ética.

Enviado por iesproval o Mar, 2016-05-03 13:25

Os irmáns Patricia e Francisco Soto, La Canalla, son responsables dun taller que confecciona empregando tecidos de excedentes de producción ou de producción orgánica. Visitaron recentemente o noso centro para visibilizar a súa labor a prol do que agora se da en chamar "moda ética". 

  Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer unha iniciativa que pretende concienciar sobre a roupa fabricada baixo criterios de sostibilidade nas materias primas, salarios xustos para os traballadores e cero de contaminación no proceso de fabricación. Mediante dinámicas de grupo traballouse con prendas indagando acerca da súa procedencia e custo. Logo púxose en común a información e abriuse un debate e rolda de preguntas.

  Nas semanas previas traballáronse na aula os hábitos de compra de roupa do alumnado de nocturno con diversas actividades:

- O alumnado de 4º ESA A fíxolles enquisas a todo o alumnado do nocturno sobre este asunto e despois expuxeron os resultados mediante gráficos.

- Todo o alumnado tivo a oportunidade de consultar páxinas web que ilustran sobre esta temática.

- Pasáronselles uns vídeos en todas as aulas sobre esta temática.

   Unha iniciativa sen dúbida  valente e que ogallá se estenda rápidamente a outras empresas e sectores.

   Consulta o álbum de fotos desta actividade.

( categories: )

Resultados da enquisa: A reciclaxe de residuos no IES Escolas Proval

Enviado por iesproval o Mér, 2015-06-24 18:12

Durante o mes de maio os alumnos de PCPI 2 Común  e ESA 4 (Módulo Científico-Tecnolóxico) realizaron un traballo para  poñer en práctica os contidos vistos no tema de Estatística.
O obxectivo deste traballo era coñecer os  hábitos e opinións que o alumnado, profesorado e persoal administrativo tiñan respecto da reciclaxe de residuos (papel, plásticos,...) no propio centro educativo.
Para tal fin deseñouse un modelo de enquisa e se realizouse unha mostra de 130 entrevistas entre a poboación do IES Escolas Proval.
Posteriormente os resultados do traballo de campo foron agrupados convenientemente e mediante un programa informático (folla de cálculo) se elaboraron diferentes tipos de gráficos (diagramas de barras e de sectores) para amosar os resultados da investigación.
Na seguinte exposicións pódense  apreciar ditos resultados e comparar en cada pregunta das entrevistas as opinións de alumnado, por unha banda,  e profesorado e persoal administrativo pola outra.

( categories: )

Actividade de Ioga no nocturno

Enviado por iesproval o Xov, 2015-02-19 10:46

 

Os alumnos de nocturno disfrutaron de un taller de ioga impartido por unha profesora que da clases de hataioga no val Miñor, Teresa Prados, e un voluntario da asociación DEVI que difunde o dhyanaioga polas escolas da bisbarra de Vigo, Mario Bonaroti.

Ioga1

A actividade foi pensada como complemento ás clases do ámbito científico nas unidades didácticas do corpo humano.

Consistiu en darnos a coñecer os distintos tipos de ioga, reparando máis no dhyanaioga.

Explicaron en que consiste o hataioga, o ioga das posturas corporais, indicando como intervén no funcionamento do corpo humano, tanto na musculatura como na relaxación dos órganos internos. Despois trataron do dhyanaioga, que é o ioga da meditación explicando como inflúe na concentración e no control das nosas actuacións. Fixeron especial fincapé no pranayama, que é a palabra que utilizan para referirse á respiración consciente.

Ao final da actividade tivemos unha sesión de relaxación.

O alumnado implicado foi:

En xaneiro: 3º ESA B, PCPI B.

En febreiro: PCPI A

Participaron as profesoras Pilar Gil, Inés Pereiro e Pura González.

Ioga2Ioga3Ioga4

 

 
( categories: )

exámenes repaso ESA 2º módulo

Enviado por Anónimo o Mér, 2012-06-13 14:03

exámenes de repaso ESA

( categories: )

EPA I

Enviado por alejandra o Xov, 2008-10-09 19:14

I. ORDENADORES. HARDWARE E SOFTWARE

windows.doc -> para o manexo do SO Windows

teclas.doc -> para o manexo do teclado

autoavaliacion.doc -> o que hai que saber deste módulo

II. O UNIVERSO A TRAVÉS DO ORDENADOR 

Universo.doc -> apuntes do universo

III. NÚMEROS E OPERACIÓNS

Numeros_1E.doc -> Operacións con nº naturais e enteiros

Divisibilidade_1E.doc -> Divisibilidade dos nº naturais

proba Números e operacións

IV. APLICACIÓNS DA INFORMÁTICA

V. A MATERIA

Text e enlaces

VI. OS MATERIAIS

Cuestións

VII. A AUGA 

Cuestións

 

( categories: )
Distribuir contido