IES EDUARDO PONDAL

Actividades

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

    

Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.

    

Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.

    

Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

    

Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

    

Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    

Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Entroido 2024

O pasado día 9 de febreiro, tras o tradicional Mandadiño da semana, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Entroido cun desfile de comparsas coa Literatura como fío condutor. Superheroes anónimos, Alicia no País das Marabillas, Willy Wonka, Oompa Loompas, personaxes de Lorca, gangsters ou Xesucristo Superstar e Santos varios, son algúns dos personaxes que se pasearon polo pavillón do instituto, no que tamén houbo venda de orellas, rosquillas, chocolate quente e mesmo a rifa dunha cesta carnavalesca que, por obra e gracia do Altísimo, tocoulle a Xesucristo…

 

Os gañadores do concurso de disfraces foron: Xesucristo Superstar e cía (4º ESO A), Bodas de Sangue (1º BAC B) e Alicia no País das Marabillas (2º ESO B). Parabéns a todos e todas. Un “Vale-Sesi” vos agarda en Vicedirección.

 

Por aquí vos quedan unhas fotos para o recordo.

No Forno do Forte

    

O martes día 16 de xaneiro, os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO, realizaron un taller no Forno do Forte en Buño, onde coñeceron as propiedades do barro e puideron realizar diferentes composicións ademais de coñecer a forma de vida nos oleiros no s.XIX.

 

  

 

Xa temos carné xove!

O noso alumnado xa pode presumir de ter o seu Carné Xove. Na mañá do xoves 11 recibimos a visita de Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, para impartir un obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3o ESO PDC, no marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”.


Ademais, aproveitouse a ocasión para ofrecer o Carné Xove á rapazada que o quixese. Tamén trouxo carnés de alberguista para o alumnado do equipo de convivencia “Tecendo Pontes”, que na primavera viaxará a Madrid para un intercambio co IES Miguel Catalán de Coslada.


A iniciativa foi todo un éxito xa que se fixeron ducias de carnés “Correspondentes Xuvenís” é un Plan Proxecta que se desenvolve durante este curso no IES Eduardo Pondal. O seu obxectivo é formar voluntariado entre os alumnos e alumnas participantes para difundir a información entre iguais, de xeito que sexa a propia rapazada quen selecciona e difunde a información que poda ser do seu interese.

O IES EDUARDO PONDAL CELEBRA O SEU PRIMEIRO MERCADO DE NADAL

O xoves 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00  e as 13:30 para aqueles que queiran participar no seu primeiro Mercado de Nadal. Nel haberá diversos postos: produtos do comercio xusto da asociación Solidariedade Internacional de Galiza, doces de Casal & Cotón, libros e obxectos de segunda man, accesorios elaborados polos participantes do Proxecto LÓVA, un posto de envoltorio ecolóxico de agasallos e un punto de recollida de alimentos e produtos hixiénicos en colaboración coa iniciativa Cesto solidario (dispoñible xa no instituto).

 

Paralelamente, haberá partidos de volley, fútbol e brilé, un obradoiro de tarxetas pop-up e elfos, un photocall, ambientación musical e o sorteo dunha cesta de Nadal.

 

Animámosvos a todos/as a vir coñecer o noso centro e participar na iniciativa.

Distribuir contido