Actividades

24 de Outubro: Día Internacional das Bibliotecas Escolares

 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

Este ano, como en anteriores ,queremos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares lembrándovos  o afortunados que somos por formar parte dunha sociedade na que a cultura está tan e  perto de nós , e para amosárvolo facemos unha pequena homenaxe  áchegándovos un fermoso vídeo dunha biblioteca rural nun país hispanoamericano.

Tamén preparamos unha actividade de FORMACIÓN DE USUARIOS para que os máis pequenos vos manexedes na biblioteca

Esperamos que vos guste.

 

SAMAÍN 2010

Este ano queremos pasar mooooito medo

 ¿SEREDES QUEN DE FACELO?

 Só tedes que vir á biblioteca , escoller un póster e seguir as instrucións.

<a title=

Samain

FORMACIÓN DE USUARIOS

 

Fixemos por fin unha actividade moi doada para que os rapaces e rapazas que entran por primeira vez no noso centro sexan quen de manexarse na nosa biblioteca.

Preme nos libros para entrar e xogar


 

APÚNTATE AO ITINERARIO POLA COSTA QUE ORGANIZA LONDRAS E ARROACES

 Do 6 ao 9 de Xullo imos de sendeirismo coñecer as vilas e lugares do Salnés. Moito praia, moita natureza, moito entretemento, moita cultura  e moitas gañas para ir percorrendo os camiños costeiros dunha parte do noso país. 
salnes
Comezamos en Rianxo o día 6 e saímos esa mañá cara a Catoira para rematar o día en Vilagarcía de Arousa, polo medio visitaremos, entre outros lugares, as Torres do Oeste e a historia asociada a elas. O 2º día de Vilagarcía a Cambado, vila de pazos e casas grandes ademáis de coñecida polo viño Albariño. 3º día de Cámbados a San Xenxo, pasando pola praia da Lanzada, istmo natural que une a península do Grove coa do Salnés. E o último día de San Xenxo a Pontevedra pasando por Combarro, lugar de gran beleza etnográfica e popular. Só tes que apuntarte e traer a autorización, o resto é pasalo ben e recorrer durante 4 días a nosa natureza, historia e cultura. Vémonos.

VIDEOCONFERENCIA coa ONG Intermon Oxfam e TENDA DE COMERCIO XUSTO

Esta semana está a disposición de todos os membros da Comunidade Escolar, alumnos e alumnas, profesorado, persoal laboral, pais e nais e de todos aqueles que se achegan ata o instituto a TENDA de COMERCIO XUSTO, con produtos de varios países. Tamén temos produtos da ONG Norte-Sur solidario para axudar a financiar os proxectos que levan a cabo en Nicaragua. Estamos toda a semana, do luns 14 ata venres 18.  
comercio xusto

E, ¿que é o Comercio Xusto? É a denominación máis usual para designar ao movemento internacional que promove un sistema alternativo máis xusto de relacións comerciais e produtivas entre o Norte e o Sur do planeta.
Este movemento tamén é coñecido polos nomes de Comercio Equitativo, Comercio Solidario ou Comercio Alternativo. 


Este luns, 14, tamén establecemos unha videoconferencia con membros desta ONG para que lles explicara aos alumnos de 4º de ESO os obxectivos do Comercio Xusto, aproveitando que temos a tenda no instituto.
video intermon
Os obxectivos do comercio xusto son que os produtores tamén saquen beneficios equitativos do que producen e non sexa o mercado o que, a través de aranceles,ou intermediarios  dilúan os beneficios da súa produción.
¿CALES SON OS PRINCIPIOS DO COMERCIO XUSTO ?
1. Condicións de traballo dignas e salarios xustos: os prezos dos produtos son establecidos cos propios produtores e non marcados unilateralmente. Estes prezos cobren os custos de produción en condicións laborais e de salario consoante ás directrices da Organización Internacional do Traballo (OIT), e permiten a obtención dun sobrante.
2. Ausencia de explotación infantil: no mundo ao redor de 200 millóns de nenas traballan. O comercio xusto aposta porque as nenas estuden.
3. Igualdade de oportunidades e de trato: independentemente da cor da pel, do xénero, da relixión, das opinións políticas, da nacionalidade, da orixe social ou outros trazos distintivos.
4. Respecto polos Dereitos Humanos.
5. Respecto polas culturas indíxenas: fomento da produción e das mercancías tradicionais segundo os seus recursos naturais. Actividades comerciais que non contraveñan os intereses dos habitantes do lugar sobre as súas terras ou outros recursos vitais para a súa forma de vida.
6. Funcionamento democrático das organizacións que interveñen.
7. Relación comercial a longo prazo: garántense uns prezos estables e a cantidade de mercancía a adquirir.
8. Pagamento dunha parte do prezo por adiantado (ata un 60%), para evitar que as produtoras se endebeden.
9. As produtoras destinan parte dos seus beneficios ao desenvolvemento das súas comunidades (sanidade, educación, formación laboral, etc.).
10.Redución da cadea de intermediarios: as produtoras e os produtores obteñen un maior valor engadido das súas mercancías.
11.Información ao consumidor (transparencia): os axentes que traballan no comercio xusto (tanto no Norte como no Sur) deben ofrecer información sobre todo o proceso.
12.Produtos de calidade.
13.Respecto polo entorno: respectuoso co planeta e con quen o habitamos e habitará; que non contamine a auga, a terra e o aire, nin esgote os recursos naturais; que permita continuar a producir indefinidamente; que non hipoteque a calidade de vida das xeracións futuras.
14.Fomento do mercado local e diversificación da produción: co fin de reducir a dependencia do comercio internacional e dun só produto. 

videoconferencia io 
( categories: )
Distribuir contido