Actividades

ESCULTURAS DE AREA EN VALARÉS E ITINERARIO POLA ENSEADA DA ÍNSUA

Os departamentos de Debuxo e Ciencias Naturais do IES de Ponteceso organizaron unha xornada de creación de esculturas de area e observación de aves. Seguindo unha iniciativa do IES Monte da Vila do Grove, na que nós xa participamos outros anos, pareceunos interesante organizar unha actividade parecida cos centros da nosa zona. Foi unha xornada de traballo, xogos e convivencia. Pola mañá con tempo para facer esculturas, logo comer no piñeiral e pola tarde un paseo ata a barra para a observación de aves.

facendo esculturas

O traballo foi duro durante toda a maña

Achegáronse ata Valarés, o alumnado dos institutos de Terra de Xallas de Santa Comba, Moncho Valcarcel de As Pontes, Alfredo Brañas de Carballo, Maximino Romero de Baio, Cabo de Area de Laxe e o noso centro, o IES de Ponteceso.

premiados valares

Os gañadores do concurso, de 1 de ESO do IES Ponteceso, noraboa.

itinerario valares

Pola tarde un itinerario para observar o entorno de Valarés ata O Couto

itinerario valares

Unha parada para escoitar unha explicación descriptiva da zona, a ría, a barra e a enseada.
( categories: )

QUEEN

 

 Grupo de rock británico fundado en 1968 por Brian May e Tim Staffell co primeiro nome de Smile. En 1970 únese a eles o batería Roger Taylor e pouco despois abandona o grupo Staffel e incorpórase o xa lexendario cantante da banda Freddy Mercury, cambiando o nome polo de Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo e doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.

O seu primeiro grande éxito foi en 1975 con"Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie. En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1978 News of the world que contén a simbólica canción "We are the Champions. Mercury xunto a cantante de ópera Monserrat Caballé gravan un disco que incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos xogos olímpicos celebrados nesa cidade en 1992. O 23 de novembro de 1992, Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre ó día seguinte.

Roger , John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recopilatorios.

( categories: )

8 de marzo, Día da Muller no IES Ponteceso

Por desgraza, segue sendo necesario celebrar un día específico no que se defenden os dereitos naturais das mulleres. No século XXI, nacer muller segue a ser unha dificultade engadida, por iso dende o IES Ponteceso levamos catro anos visibilizando mulleres que loitaron nun mundo de homes.
Podedes ver as mulleres deste ano  de dúas formas: para vagos na presentación breve de abaixo e para xente curiosa, nunha presentación máis completa que inclúe biografía, xusto debaixo da primeira colección de imaxes.
 
 


( categories: )

DÍA DA PAZ, ACTOS DO 29 DE XANEIRO NO IES PONTECESO.

 

A paz é o fogar do ser humano. A súa casa; construída coa materia da que está feita a dignidade humana e que só terá sentido se nela estamos todos. 

Moitos seres humanos viven no outro extremo da existencia. Evidenciar estas situacións é un paso; o coñecemento nos responsabiliza.

Moitos son os que, nun mundo cada vez máis accesible, traballan por estes homes e mulleres invisibles.

Son os verdadeiros construtores da paz e hoxe, especialmente, mostrámoslle o noso recoñecemento.

 

Este día, 29 de xaneiro, limos fragmentos de libros que relatan situacións de inxustiza que soportan moitos seres humanos, e nos invitan a facer unha reflexión persoal e colectiva.

 

( categories: )
Distribuir contido