IES EDUARDO PONDAL

Actividades

Saída didáctica do Departamento de Latín

O alumnado de Latín e Grego realizou unha saída didáctica aos concellos de Vimianzo e Zas, para coñecer algunhas pegadas da Historia, especialmente da presenza romana na Costa da Morte. Comezaron polo castro das Barreiras, preto de Vimianzo. En Brandomil, xa no concello de Zas, coñeceron as escavacións arqueolóxicas de época romana, o castro, a calzada antiga, a igrexa e o Pozo Limidoiro, talvez resultado da explotación aurífera romana. A carón do guerreiro castrexo da área recreativa, recitáronse un par de poemas de Pondal nos que aparece a personaxe do guerreiro Brandomil. De volta ao centro, pararon no dolmen Pedra da Lebre, na parroquia de Serramo, e remataron no adro e igrexa de Santa Baita de Tines, vinculados a achados de época tardorromana e medieval, como o sartegos. 

Roteriro por Coruña do Club de Lectura

O luns 15 de abril ,alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento. Dende alí localizamos espazos literarios que aparecen nas novelas lidas no club como Afogada de Rocío Leira ou Azucre de Bibiana Candia. Continuamos o roteiro cunha visita guiada polo Museo Militar  da cidade que nos permitiu coñecer moitas curiosidades da nosa historia.

PONDALIANOS POLO MUNDO, EDICIÓN BÉLXICA

Como vén sendo habitual dende hai uns anos, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizou unha viaxe de inmersión lingüística a Bélxica, organizada polas profesoras dese Departamento. Durante cinco días, os rapaces visitaron as vilas de Bruxas, Gante e Bruxelas.

 

Na capital europea, ademais de probar os seus típicos gaufres e moules-frites, os alumnos pontecesinos percorreron as animadas e cosmopolitas rúas e visitaron puntos clave da capital como a Grand Place, as Galeries Royales Saint-Hubert, o barrio europeo, o hemiciclo do Parlamento europeo, a Casa de Europa, o Centro Belga da Banda Deseñada, o Museo do Chocolate, a catedral, etc.

 

Houbo tamén tempo para a arte, coa visita do Museo de Banksy e a exposición “Histoire de ne pas rire. Le surréalisme en Belgique”, no BOZAR, pero tamén para o lecer, co visionado do filme de animación Mars Express no centenario Cinéma Galéries ou a asistencia ao concerto da cantante siria Lynn Adib na icónica sala de concertos Ancienne Belgique.

 

Velaquí a reportaxe gráfica da viaxe. Por moitas viaxes coma esta!

XXII Semana Cultural

 

Obradoiros didácticos impartidos polo alumnado

Dende a Biblioteca organizouse unha sesión para o alumnado de 2º de ESO na que traballaron a caligrafía e a motricidade fina. Trátase dos obradoiros de Lettering impartido por Saray Souto de 2º ESO e de Origami, artellado por Salvador Andrade de 4º de ESO. O alumnado xa pode presentar traballos ben vistosos grazas á maxia de Saray cos rotuladores, ou mesmo mellorar calquera estancia coas belas figuras que Salvador lles propuxo.

 

 

 

 CULTURA SENEGALESA

O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a sorte de asistir á presentación bilingüe sobre o Senegal preparada polos alumnos de 1º da FPB Ndoye e Omar Ndoye (co apoio moral de Abi Fall). Grazas ao seu traballo, hoxe todos saben un pouquiño máis sobre eles e o seu país de orixe: historia, cociña, relixión, costumes… Esperamos poder compartir experiencias con eles en máis ocasións.

 

 

 

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA DE CABANA

 O alumnado de 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o de Educación Dixital participounun encontro cos usuarios do centro de día de Cabana. O alumnado preparou unhas adaptacións dixitaisdos xogos de mesa aos que habitualmente xogan no centro de día. A idea que xurdiu do propio alumnado foi facer un achegamento lúdico ás novas tecnoloxías xa que moitas veces as persoas maiores atopan máis dificultades para entender os dispositivos electrónicos 

 

  Café Científico

 

Ángel Carracedo aceptou a nosa invitación para pechar esta semana cun café científico organizado polo Club de Ciencias

 Taller de diversiplás impartido pola asociación íntegro

O alumnado de 1º De Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o de 2ºda ESO participou nun tallerimpartido por dous membros da Asociación Íntegro para coñecer o seu proxecto Diversiplás. U

nprograma de asesoramento e formación no tratamento e valoración de plásticos, promovento accións deboas prácticas para reducir a presenza de plásticos no litoral a través da limpieza das praias e zonascosteiras.

 OBRADOIRO DE VOCES NO MUSICAL

O pasado venres, 5 de abril, dentro da nosa XXII Semana Cultural, recibimos a visita dunha cantante de Musicais, da compañía Ecopercussion, que introduxo ao alumnado de 2º e 3º da ESO no mundo da técnica vocal en relación ás cancións de Musicais de Hollywood. Especial axuda recibiron os alumnos que forman parte da compañía de Lóva “Area constelación”

 

 

 Taller de potingues

 

O alumnado do club de ciencias guiou aos alumnos de 1º e 2º da ESO na fabricación de labiais, perfumes ou sales de baño.

Máis imaxes

Obradoiro de baile tradicional

O alumnado de 1º da ESO pudo achegarse ao baile tradicional da man dos seus compañeiros e compañeiras máis maiores. Realizáronse dúas sesións nas que o alumnado voluntario ensinou os principios do baile solto aos alumnos e alumnas participantes que amosaron moito xeito nos seus puntos e rodas, quedando con ganas de máis.

MASTERCLASS START-UP

O alumnado de 4º da ESO e 1º de BACHARELATO disfrutou da oportunidade de experimentar unha masterclass de adestramento en grupo reducido nunha das instalacións dispoñibles na vila. Achegámonos ao ximnasio Start-Up onde Jonathan aproveitou para ensinarnos como funcionan algunhas máquinas pouco comúns e puxo a suar ao alumando, nunha clase adaptada aos diferentes niveis que servíu para presentar unha metodoloxía de traballo diferenciadora. 

 Planetario portátil

Unha nova actividade do club de ciencia.

Cada vez queda menos para completar o noso planetario tras esta nova visita de Jose , o noso programador de cabeceira.

Círculos de diálogo 

Dende o equipo de convivencia seguimos apostando pola técnica restaurativa dos círculos de diálogo. Nesta semana cultural, alumnado experto nestas dinámicas, deseñaron e facilitaron círculos de diálogo dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO para falar do que lles gusta e do que se pode mellorar de cara a un maior benestar como grupo.

 

 OBRADOIRO DE PREHISTORIA

OBRADOIRO DE PREHISTORIA

O alumnado de 1º ESO, dividido por grupos de traballo, convertéronse en arqueólogos e arqueólogas, para desenterrar réplicas de pezas paleolíticas e da idade dos metais. Ademais, tamén recrearon pinturas rupestres usando pinceis, aerógrafos, morteiros e pigmentos que recreaban os da época. Os resultados, saltan á vista! 

 XINCANA COOPERATIVA E BUSCA DO TESOURO

Xogos, inxenio, estratexia e moita diversión experimentou o alumnado de 1º de Bacharelato na busca dun tesouro e nunha xincana cooperativa deseñada e dinamizada por alumnado de convivencia. 

 IL ÉTAIT UNE FOIS…

O día 4 de abril, dentro da XXII Semana Cultural, o alumnado de Francés de 1º de Bacharelato, 2º, 3º e 4º da ESO participaron no espectáculoConte avec-moi, no que o formador e contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou achegou a rapazada á tradición da narración oral. Grazas ao savoir-faire de Samuel, o alumnado non só descubriu contos africanos coma L’âne et le crocodile ou Le chasseur et ses trois enfants, senon que exerceu como parte activa na teatralización dos mesmos. Merci Samuel! Oulaoulá!

 TOMA DE CONSTANTES VITAIS

O alumnado de 1º do ciclo de Atención a persoas en Situación de Dependencia realizou un taller para atoma de constantes vitais ós seus propios compañeiros e compañeiras do instituto.

Neste taller realizouse a toma de constantes, compararon os parámetro obtidos cos normais establecidos eensinóuselles como se fai a toma de constantes (tensión arterial, Tª, respiración e pulso)

 Reconstruímos mundos pasados

 

MASTERCHEF ÉDITION FRANCE

 

Durante a XXII Semana Cultural, o alumnado de Francés de 4º da ESO participou nun concurso de cociña francesa no que, por equipos, tiveron que elaborar tres especialidades galas: unha quiche lorraine, un clafoutis de arándanos e a famosa tarte Tatin. Imposible decantarse por un gañador… Un vrai régal, como dirían por alá!

MITO E CIENCIA FICCIÓN

Dende a Biblioteca e o club de lectura propuxemos ao alumnado de 2º ESO a actividade “Mito e ciencia ficción” dirixida polo noso profesor de Filosofía Xan Eguía, autor de obras como Supremas. Mozas mitolóxicas ou Mitoloxía futura. De Neo a Prometo: construíndo o novo mito. A proposta de Xan consistiu nun xogo de pistas sobre arquetipos e personaxes da mitoloxía, ciencia ficción e cómic. A idea consistía atopar as similitudes e crear un personaxe a partir das imaxes de heroes, deuses, protagonistas de cómics… e escribir unha historia a partir da creación plástica. Os resultados foron sorprendentes!

 Taller de comida texturizada

A disfaxia é a dificultade que pode ter unha persoa para deglutir alimentos de determinadas texturas. Para posibilitar que as persoas afectadas se poidan alimentar pode ser necesario adaptar a textura dos alimentos.

O alumnado de 1º do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia dedicou unha semana a experimentar con distintas técnicas para modificar a textura de diferentes alimentos. Probaron as técnicas, axustaron cantidades e proporcións ata acadar a textura desexada e anotaron os resultados. Tendo en conta estes resultados, as alumnas de APSD ensinaron as técnicas aprendidas ao alumnado de 2ºESO A para facer un menú texturizado: espaguetis con verduras e macedonia de froitas.

O alumnado da ESO tivo que demostrar tamén a súa creatividade e dotes artísticos pois comemos cos ollos!

 

Tiro con arco

 Da man do Club Pontecesán “Flechas por un tubo”, o alumnado dos cursos 1º, 2º e 3º da ESO puido achegarse dun xeito teórico e práctico a esta disciplina tan interesante. Ademais de asistir a unha presentación e demostración por parte dos voluntarios, algúns deles tamén algumnos do centro, o alumnado asistente puido probar sorte cos arcos, frechas e dianas que o club puxo a súa disposición, xerando curiosidades que prometen continuidade da afición na vila a esta modalidade deportiva.

Taller de grafiti filosófico

Máis información

 

 

 

 

Taller de grafiti filosófico

Máis información

 

 

Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento

 

Visita do noso alumnado ao Parque eólico experimental Sotavento

O pasado luns 4 de marzo unha representación de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Xermade a 10 km de As Pontes en Lugo a visitar esta empresa punteira no campo da investigación do aproveitamento da enerxía do vento.

A actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía permitiu que o alumnado coñecera de primeira man unha empresa dedicada a investigación no uso da enerxía eólica e as posibilidades da súa combinación co aproveitamento do hidróxeno.

 

De modo que ademais de ver as súas instalacións, dende Sotavento tamén lles mostraron aos nosos visitantes un aeroxerador, ao que puideron entrar. Tamén visitaron unha vivenda bioclimática.

Distribuir contido