Actividades

Presentación club de lectura 2011/12

Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi  efectivo .

Gozade do vídeo


SAMAÍN 2011

I CONCURSO DE LENDAS

DA NOITE DE SAMAÍN

Achégase o tempo do medo, o tempo das cabazas , das historias de mortos , e das pantasmas . Un ano máis no instituto convocámosvos a unha oportunidade única de facernos tremer …e rir. 

Lede as bases  que siguen e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.

Premios arrepiantes!!!!


CONCURSO DE LENDAS CON ILUSTRACIÓNS SOBRE O SAMAÍN

23 de abril: Día Internacional do Libro

Ao longo do ano temos unha chea de celebracións e efemérides que moitas veces non sabemos moi ben de onde proceden, pois ben, neste DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO que con tanto fervor celebra o conxunto do mundo cultural vimos de conmemorar a morte -o 23 de abril de 1616- de os dous escritores máis grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare, xunto co Inca Garcilaso de la Vega, pero por se fora pouco tamén nesa data naceron ou morreron escritores da talla de Nabokov ou Josep Pla .

Por este motivo un organismo tan importante como a UNESCOescolleu esta data en 1995 para “render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e para alentar a todos, especialmente aos máis novos adescubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural”. Temos que dicir que xa en España en 1926 Alfonso XIII asinou un decreto no que se creaba oficialmente a Festa do Libro Español ,en outubro, pero foi en 1930 cando se instaura definitivamente a actual data como Día do Libro , tradición que rapidamente colleu pulo en Cataluña grazas á coincidencia co día do seu santo Patrón coñecido como a Diada de Sant Jordi.

Esta data tamén é a elixida para celebrar a entrega anual dos Premios Cervantes, o máis importante galardón para as letras hispanas, e nós , a parte de con este artigo, queremos contribuír cunha sorpresa á volta de vacacións de Semana Santa.Non deixedes de pasar pola biblioteca en calquera dos recreos da semana do 26 ao 29.

Felices Letras!!!!

Xuntanza dos Esquíos Lectores co libro "Asmir no quiere pistolas"

     Deixamos aquí e no noso blog da biblioteca "Biblioaponte" a reportaxe gráfica sobre a actividade que fixemos o luns 4 de abril para traballar e recapacitar un pouquiño sobre a triste realidade que lle toca vivir ó protagonista do libro que limos "Asmir no quiere pistolas", un rapaz que vive a traxedia da guerra de Bosnia dende o punto de vista dos refuxiados. Cóntanos como é a súa viaxe ata Viena, os medos  e as alegrías que ten, a morriña pola súa terra e sobre todo, a lembranza polo seu pai, que non puido viaxar con eles. Un libro moi recomendable, fermoso e triste á vez.

     A xuntanza consistiu nun picnic, que tomamos ó aire libre no coidado céspede do noso instituto. Tivemos moita sorte co día, porque estivo moi asollado. Cando rematamos de xantar e reposar un pouquiño, fomos directamente á nosa biblioteca a traballar e realizar un pequeno resumo  dos personaxes e a viaxe, que fixemos entre todos. Quedou reflectido nun mural que se pode ver  colgado na biblioteca.

RESPOSTA DA 3ª SEMANA DO MARATÓN CULTURAL

Respostas da 3ª semana do maratón cultural

Distribuir contido