IES EDUARDO PONDAL

Actividades

Erasmus days e máis

Erasmus +

O luns 9 de outubro comezou cunha charla na biblioteca do centro para o alumnado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e de Electromecánica de vehículos automóbiles sobre as posibilidades de realizar este curso o periodo de prácticas 

O alumnado participante o curso pasado, relatou as súas experiencias tanto a nivel profesional e de formación como a nivel relacional e de ocio, a cal delas máis produtiva.

 

O mércores 11 continuouse co relato sobre as experiencias ERASMUS+, neste caso para profesorado e para o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de Formación Profesional.

 

Así mesmo, inaugurouse un espazo ERASMUS+ na biblioteca, que nace coa idea de que o noso alumnado poda atopar recursos de interese para as súas viaxes e experiencias: guías de viaxe, dicionarios, guías de conversa, e recursos dos países onde vaian realizar as súas viaxes.

Talleres micófilos con 1º e 3º ESO

O pasado xoves cinco de outubro recibimos a visita dunha formadora da asociación Amabul para introducirnos no sorprendente mundo dos fungos.

Exposición

A actividade realízase ao redor dunha exposición na que se realiza un percorrido sobre a Wood Wide Web, a rede dos micelios fúnxicos que dan soporte á vida nos bosques. Sabiades que os bosques están artellados a través dunha inmensa rede formada polo micelio dos fungos? E que a seta é a estrutura que usan os fungos para reproducirse? Revisa os paneis premendo no enlace e aprende algo máis sobre este reino esquecido. (Unidade didáctica)

 

Talleres micófilos

05/10/2023 09:20
Europe/Madrid

Talleres micófilos

1º ESO A 2ª hora

1º ESO B 3ª hora

3º ESO 4ª Hora

OBRADOIRO CON DOCENTES E FAMILIAS TECNOLOXÍA, CONVIVENCIA E ADICCIÓNS. CLAVES PARA EDUCAR.

 

DATA: 21 de abril de 2022

LUGAR: Salón de actos do IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO.

HORA: De 17:00 a 19:00

INSCRICIÓN: enviando correo a convivenciaponteceso@gmail.com

máis información

Premios Fotografía Matemática 2021

Xa temos gañadores do IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Comendo Matemáticas.

O 1º premio é para Inés Carril, de 4º ESO A, coa fotografía titulada Fórmulas matemáticas con sabor a laranxa.

 

O 2º premio, ex aequo, para:

 Saray Rafael de 2º ESO con En raia

 

Víctor Canizás de 2º ESO con Escuadra e cartabón.

 

O 3º premio para Alba Agrelo, de 2º Bac A, con Imitando a simetría


Moitas grazas pola vosa participación e parabéns aos gañadores!

En breve porémonos en contacto con vós para facervos entrega dos premios.

Distribuir contido