Actividades

Mosaico do poeta Eduardo Pondal --Plan de Formación de Convivencia--

Invitación a todo o profesorado e alumando que está ou estivo no IES Eduardo Pondal de Ponteceso

Durante o curso 2019/20 o IES Eduardo Pondal está a  participar  no Plan de Formación de Convivencia e por iso estamos levando a cabo diferentes actividades. Unha das propostas que queremos levar a cabo para fomentar a relación entre o alumnado, profesorado e resto de integrantes da comunidade educativa é realizar un mosaico do noso poeta Eduardo Pondal. Porén, non é un mosaico tradicional, consistiría na formación dun mosaico tamaño xigante con fotos de todo o alumnado e comunidade educativa (semellante ao mosaico que hai da Gioconda na Domus de A Coruña). Nun primeiro momento pensamos en empregar as fotos do alumnado do curso actual pero máis tarde cavilamos que podíamos usar fotos de todos os alumnos e alumnas que pasaron polo noso centro (tamén profesorado e resto de comunidade educativa).
Por todo o anterior pedimos a todos e todas as que queiran colaborar con esta actividade que nos envíen unha foto (tamaño 1/1) de cando estiveron no instituto, indicándonos nome, apelidos e curso no que finalizaron os seus estudos. O correo electrónico ao que teñen que enviar estas fotos e datos é o seguinte: mosaicopondal@gmail.com
 
Manterémosvos informados de como avanza esta actividade que tanto nos ilusiona!

Presentación Proxecto CANSAT do IES EDUARDO PONDAL

Mañan martes 11 de febreiro vai ter lugar a presentación do proxecto que estamos a elaborar no IES EDUARDO PONDAL de Ponteceso.

Na mesma explicaremos o noso proxecto aos nosos empresarios e veciños.

Dita presentación terá lugar as 11:00 na sede da Fundación Eduardo Pondal.

UN DÍA COMO INVESTIGADORES

Visita ao IGE 

O mércores 5 de febreiro, os alumnos de bacharelato do noso centro realizaron unha visita a tres centros de investigación científica en Santiago de Compostela.

No Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, observaron como verdadeiros científicos o traballo cooperativo e multidisciplinar dos investigadores nas enfermidades como o cancro, a obesidade, enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas.

No Insitituto Galego de Estatística, realizaron unha análisise de datos sobre os parámetros económicos do Concello de Ponteceso e da Comarca de Bergantiños. Tamén participaron nunha enquisa aprendendo a discriminar e interpretar os resultados, comprendendo a necesidade e utilidade da estatística, tanto en estudios sociais como económicos e na hora da toma de decisións.

Por último e breve foi a abraiante visita ao Centro de Supercomputación de Galicia, onde fixemos unha importante reflexión sobre o almacenamento de datos, o proceso de simulación nos modelos de predición climatolóxica e o consumo enerxético que supón que podamos ter ao alcance dun clic no noso móbil os vídeos e a música que desexemos.

Grazas por abrirnos as portas e a mente!

Visita a DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS

Os alumnos de 1º ESO xunto cos compoñentes do clube de ciencias do noso IES visitaron as intalacións da DOMUS e a CASA DAS CIENCIAS na cidade da Coruña, o pasado venres 31 de xaneiro de 2020.

Na visita a DOMUS os alumnos interactuaron cos mais de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. E na CASA DAS CIENCIAS poideron experimentar en diversos campos da física, así como ver o cielo estrelado e as constelacións no PLANETARIO.

 

Visita as instalacións de Reganosa

Visita a REGANOSA 

O 16 de xaneiro, 35 alumnos de 1º e 2º do ciclo medio de electromecánica e de 1º e 2º daFPB de mantemento de vehículos acompañados de tres profesores, visitaron as inatalacións de REGANOSA en Mugardos.

 

Distribuir contido