ABALAR MÓBIL é unha ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos a través do teléfono móbil. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.
A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.
Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android . A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise desde Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).
Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:
Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo
Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación
No PLAN DIXITAL do IES Eduardo Pondal para o curso 23/24 inclúese o obxectivo de conseguir que a maioría das familias e o profesorado utilice a plataforma ABALAR Móbil para comunicarse no referido á vida académica do alumnado. Dentro das accións a desenvolver para acadar o antedito obxectivo inclúese a elaboración e distribución ás familias dunha enquisa orientada a ter información do uso da aplicación por parte das mesmas e o grao de satisfacción.
Para obter a información pregamos respondan ao breve cuestionario DISPOÑIBLE no bloque FAMILIAS ubicado no lateral esquerdo da páxina web.
A DIRECCIÓN
Co obxecto de paliar as posibles situacións de risco de fenda social dixital, o centro ofrece en préstamo algúns ordenadores portátiles para o alumnado que non dispoña de medios tecnolóxicos no seu fogar.
No caso de necesitar un destes ordenadores, por favor cubride o seguinte formulario:
Tal e como comentamos na reunión coas familas, aquí tendes a ligazón onde se poderá adquirir a licenza do libro electrónico de Ingles:
https://burlingtonbooks-onlineshop.es/ieseduardopondal80Rm4IiNR/
Podedes solicitar neste formulario algún dos exemplares que temos do curso pasado destas materias. Asignaremos un libro por solicitude ata agotar as existencias:
Estimadas compañeiras e estimados compañeiros, benvidos ao noso Centro. Unha vez confirmadas as prazas de forma definitiva e para poder contactar con vos, necesitamos que nos enviedes ao correo ies.eduardo.pondal@edu.xunta.gal o voso teléfono e correo de contacto.
Unha aperta e bo verán.
Óscar Couto, director do IES Eduardo Pondal
Publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros, que pode ser consultada mediante a chave 365 na propia aplicación de Fondolibros ou ben no taboleiro do centro en horario de verán.
A listaxe provisional está xa dispoñible tanto na propia aplicación de Fondolibros como no taboleiro do centro.
Lembrade que nesta listaxe provisional so aparece polo de agora o número de libros concedidos a cada alumno/a pero non as materias concretas; a relación de libros concedidos por materia sairá na listaxe definitiva que esperamos publicar a finais da semana que ven.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |