Orientación

A SELECCIÓN DE PERSOAL

Enviado por Anónimo o Lun, 28/04/2014 - 16:30
As entrevistas, e as probas de selección de persoal en xeral, son, en moitas ocasións, as que determinan se conseguiremos ou non o posto de traballo. Se ben un curriculum correctamente formalizado e completo é un requisito previo si ne qua non, será a entrevista co departamento de persoal a que nos permita amosar aspectos moi relevantes hoxe en día e imposible de reflexar no papel (habiliades sociais, de comunicación, coidado do aspecto físico, habilidades de negociación, liderazgo, ...). 
Para iso, debemos preparala coa debida atención, polo que deixo unha serie de videos que poden interesar.
As probas de selección

Do blogue de Susana González Gómez

( categories: )

VIDEOS PARA A ELABORACIÓN DO CURRICULUM

Enviado por Anónimo o Ven, 25/04/2014 - 16:07
Nesta entrada, adico os documentos audiovisuais ao tema curriculum. É unha parte fundamental no proceso de busca de emprego, xa que, en certa medida, será a nosa carta de presentación, co que debe cumplir cunha serie de mínimos.
  1. Cómo elaborar o curriculum
  2. O curriculum cronolóxico
  3. O curriculum funcional
  4. O curriculum por proxectos
  5. O curriculum creativo
  6. O curriculum europeo

Non podo deixar de colgar estes videos tan clarificadores para a posibilidade do curriculum audiovisual:

  • Podedes ver un exemplo de videocurriculum exemplar AQUI. Brillante, Luis
  • E o de David, cunha dimensión creativa envexable AQUÍ. Benditos avós!!!
  • Nunha dimensión xa máis internacional, o da Cocacola

 

Do blogue de Susana González Gómez

 Por outra banda, e co obxecto de facilitar un pouco a tarefa neste eido, deixo xeneradores que poden sacarnos do apuro.

Un xerador on line de CV, outro AQUÍ

E varias plantiñas de CV

( categories: )

VIDEOS INTERESANTES PARA UNHA EFECTIVA BUSCA DE EMPREGO

Enviado por Anónimo o Ven, 25/04/2014 - 15:53
( categories: )

SABER ESTUDAR

Enviado por Anónimo o Mar, 22/04/2014 - 08:25

Deixo aquí un enlace moi interesante para as familias, no que atoparedes asesoramento e pautas para colaborar de maneira eficaz na tarefa educativa dos/as vosos/as fillos/as.

É un recurso do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no que contades con:

  • Consellos para as familias (cómo falar cos fillos, como orientalos, normas e límites, pantallas..)
  • Pautas para un estudo eficaz (aprender a estudar, traballar ben na clase, lectura do tema, subliñado, repaso)
  • Condicións adecuadas para o estudo (tempo e espazo, técnicas de estudo)
  • Dificultades específicas (suspensos, bloqueos nos exames, concentración, lectura comprensiva, "atracóns" de último día..)
  • Razóns para estudar 

Agardo sexa de utilidade!

( categories: )

REUNIÓN COAS FAMILIAS O 9 DE ABRIL

Enviado por Anónimo o Mar, 08/04/2014 - 09:00

O mércores 09 de abril participarei na segunda reunión colectiva coas familias neste ano académico. Por razóns de tempo, asistirei á de 4º da ESO e a de 2º de Bacharelato, entendendo estes cursos, polo seu carácter terminal, os de máis incertidumes e dúbidas. 

Aos pais e nais que acoden, farémoslles entrega dos manuais:

  • Guía de asesoramento para 4º de ESO
  • Guía de asesoramento para 1º e 2º de BAC

Agardamos participación nas mesmas

( categories: )

PARA SABER DAS FAMILIAS PROFESIONAIS

Enviado por Anónimo o Lun, 07/04/2014 - 07:47

No seguinte enlace, contades cunha serie de videos para entender un pouquiño máis  en qué consisten as diferentes profesións derivadas dos ciclos que conforman as familias profesionais.

Vía Orientaguía

  1. Escolle profesión 
  2. O arquivador 
  3. Guía Go de ocupacións
  4. Guía de novas ocupacións
  5. Diccionario de ocupacións
  6. Wikioficios

Agardo que vos serva de axuda!

( categories: )

PASAS DE ESTUDAR?

Enviado por Anónimo o Lun, 07/04/2014 - 07:03

Sen palabras, só mirade o video

( categories: )

PARA AS FAMILIAS! XA TEMOS INSTRUCCIÓNS DE USO PARA "MANEXAR" AOS NOSOS FILLOS!!!!!

Enviado por Anónimo o Mar, 25/03/2014 - 09:43

Sí!, froito do traballo de Ana Torres Jack, coa colaboración da Fundación Barrié, contamos xa con ese ansiado manual de instruccións para educar aos nosos fillos e fillas. Podedes descubrilo AQUÍ

( categories: )
Distribuir contido