Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Xuño 06, 2013 »
Xov
Start: 06/06/2013 00:15
End: 06/06/2013 23:15

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta esta  semana un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia. A presentación do documental será o próximo xoves 6 de xuño as 11.15 horas no salón de actos do IES Poeta  Díaz Castro.

Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre,  xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. Sandra Tenreiro, a profesora de música é quen compuxo as cancións.

Estamos moi satisfeitos do traballo realizado e cremos temos acadados con creces os nosos obxectivos: realizar un proxecto interdisciplinar, co maior número de alumnos e alumnas implicados/as e cunha aposta pola educación en competencias; mostrar as destrezas no tratamento da información e competencia dixital, avanzando na comprensión e interiorización da realidade social e cultural próxima, respectando o patrimonio cultural; e, sobre todo, mellorar a autoestima e confianza nun mesmo, así como incidir na asunción de responsabilidades, imprescindible para este tipo de traballo en equipo.

Para a estrea do documental convocaráse a toda a comunidade educativa e ós participantes no mesmo, así como a representantes da cultura chairega e galega en xeral. Tralo pase inicial en Guitiriz, está planificada outra presentación no Centro Ágora da Coruña para o 11 de xuño e no que se interpretará a música do documental en directo. Parella á estrea comezarase unha campaña en redes sociais de divulgación da obra do poeta e de reivindicación de que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas.

  

 

Distribuir contido