Skip to Content

EU SON GAIAT@!

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

ACCIÓN COLECTIVA POLO DÍA DA PAZ

Estimadas familias:

A PAZ é tan importante como o aire que respiramos. Non a vemos pero vive connosco cada día. Está en cada xeito, en cada aperta, en cada mirada, en cada palabra. Acompáñanos ao longo de toda a nosa vida.

A PAZ danos tranquilidade, felicidade e fainos sentir seguros. E para que isto ocorra temos que traballar para que exista. Sabedes que dá moita PAZ? Ofrecer axuda, por pequena que sexa, sen esperar nada a cambio.

Este ano o concello de Poio, a comunidade escolar e o tecido asociativo (social, cultural, veciñal, deportivo...) imos celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ de xeito conxunto.

A través da acción comunitaria "EU SON GAIAT@" queremos ofrecer axuda económica ao orfanato "Casa do Gaiato" no sur de Mozambique porque coidan de 160 menores, de 2 a 20 anos de idade, que non teñen familia nun país que sufre continuas guerras e está devastado pola SIDA.

Convidámosvos a que busquedes máis información na web fundacionmozambiquesur.org para coñecer, de primeira man, como son os proxectos desta ONG entre os que se atopa "Casa do Gaiato".

Do 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2023 realizaremos esta acción comunitaria "EU SON GAIAT@". As familias que queirades colaborar facendo un donativo, podedes utilizar o sobre que foi entregado hoxe ao alumnado (3ºA e 3ºB recibirano o luns) e o alumnado depositarao na urna que se colocará no centro en conserxería.

Os primeiros 500 euros serán achegados pola Concellaría de Benestar Social a través do fondo de emerxencia social e, Desde o Concello, daremos a coñecer que doazón total se vai enviar desde Poio. E despois engadirán os cartos entregados por todos os centros educativos e entidades.

A xustificación será publicada en prensa, nas redes do Concello así coma a través de cartaces colocados nas portas dos centros educativos.

Cando nos preocupa como viven noutras partes do mundo persoas coma nós estamos construíndo a PAZ.

"EU SON GAIAT@"

INFORMACIÓN SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Nos adxuntos pódense atopar documentos informativos elaborados polo Departamento de Orientación. No caso da Formación Profesional tamén se pode consultar esta ligazón.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

Distribuir contido


by Dr. Radut