Skip to Content

Seguridade en internet no IES de Poio

 

 

No IES de Poio a seguridade en Internet é garantida coas seguintes actuacións:

 

 

Está publicada na páxina web do centro un protocolo de netiqueta para coñecemento de todo a comunidade educativa.

 

O centro participa en iniciativas como o Plan Director da Policía Nacional e Garda Civil e no Plan Titor do Concello de Poio que teñen como obxectivo traballar na protección de menores e na prevención e detección do acoso escolar.

 

O centro aplica o Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolarda Xunta de Galicia, que está publicado na páxina web do centro para coñecemento de toda a comunidade educativa.

 

A páxina web do centro ten un apartado de seguridade en Internet a disposición de toda a comunidade educativa.

 

Neste espazo pódese consultar a Guía para a Privacidade e a Seguridade en Internet do Instituto Nacional de Ciberseguridade, a Guía sobre a Identidade Dixtal pubilcada pola Xunta de Galicia, o Protocolo de Protección de Datos da Xunta de Galicia, así como vídeos informativos sobre diferentes temas relacionadas cone sta a´rea publicados polo Incibe e pola Xunta de Galicia.

 

 

Protección de datos

 

 

O centro aplica o Protocolo de protección de datos da Xunta de Galicia que recolle as normativas europeas, estatais e autonómicas así como os ditames da Axencia Española de Protección de Datos.

 

O centro atende ao principio de información, ao principio de consentimento, ao principio de calidade dos datos, aos principios da política de seguridade da información e aos dereitos relacionados coa protección de datos: o dereito de acceso, o dereito de rectificación, o dereito de cancelación e o dereito de oposición.

 

O centro ten en conta que no ámbito educativo deben terse en conta as seguintes precisións:

 

Non será preciso o consentimento para o tratamento dos datos persoais do alumnado que sexan necesarios para o exercicio da función educativa, que poderán incluír aquelas circunstancias cuxo coñecemento sexa necesario para a educación e orientación do alumnado. Os proxenitores están obrigados pola lei a facilitar esta información.  Os datos así recadados non poderán usarse para finalidades distintas das previstas na norma. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, exclúe nestes casos a necesidade de consentimento, pero isto non implica a exclusión do deber de información, polo que deberá incluírse sempre a cláusula informativa en materia de protección de datos.

 

En todos os demais supostos non incluídos na función educativa e orientadora, si será preciso solicitar o consentimento dos afectados.

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut