Skip to Content

'RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS'

O día 12 de Marzo de 2019 os alumnos do IES de POIO, dos cursos 1º ESO grupos B, C e D, e de 2º ESO grupo C presentáronse a unha competición matemática en grupo, 'RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS'. Os alumnos de 1º ESO_D conseguiron clasificarse para a fase final autonómica, á cal so pasan 3 equipos por curso académico en toda a comunidade autónoma de Galicia.

O próximo 5 de Abril na localidade de Santiago de Compostela, os nosos alumnos tratarán de alzarse co primeiro posto  no seguinte chanzo do seu camiño, o cal daralles acceso a fase final da competición  na localidade de Toulouse (Francia), país de orixe da competición.

¡MOITOS ÁNIMOS E MOITA SORTE!



page | by Dr. Radut