Skip to Content

Día do libro 2009: un libro, un caravel

O pasado 23 de abril festexamos no centro o Día do libro. Entre as actividades programadas os alumnos ocuparon os xardíns, entregados á lectura. Ademais por cada libro levado en préstamo eran agasallados cun caravel.

Aproveitamos este día para lembrar que aínda hai 750 millóns de persoas no mundo sen alfabetizar e sumámonos á Campaña Mundial pola Educación, desenvolvida por diferentes organismos e ONGs en todo o mundo.

  

Collages


page | by Dr. Radut