Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive."

O 11 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h e pola tarde de 16:30 a 18:10.

 

Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, a próxima semana antes do inicio das clases.



page | by Dr. Radut