BASES DO II CONCURSO FOTOGRÁFICO "VISIBLES E DIVERS@S"
Realiza unha ou máis fotografías e participa no II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “VISIBLES E DIVERS@S”. Para participar é requisito ser alumnado do IES de Poio.
Envíanos fotografías sobre un feito, situación ou circunstancia que consiga expresar con especial sensibilidade e habilidade as diferentes maneiras de visibilización LGTB+.
Requisitos das imaxes:
Deben ser orixinais, poden estar en branco e negro ou a cor e a técnica e formato será libre. Serán descalificadas todas as imaxes que non sexan propias.
Presentación das imaxes e prazo:
O prazo para presentar imaxes rematará o luns 6 de xuño ás 23.59h.
A imaxe ou imaxes deben enviarse como adxunto en .jpg, .jpeg ou .png ao correo: sementesliberdade@gmail.com
No corpo do correo deben indicarse o nome e apelidos, o curso e grupo e un título en galego para a imaxe.
Cada persoa poderá participar cun máximo de tres fotografías distintas.
Premio:
Todas as fotos recibidas serán publicadas noperfil de Instagram de Sementes de liberdade (@sementesdeliberdade) sen autoría para que poidan ser votadas dándolle a gústame antes do fallo final do xurado e, despois, formarán parte dunha exposición no centro.
O xurado terá en conta:
- A calidade técnica e compositiva
- A orixinalidade e idoneidade do enfoque da diversidade sexual
- A acollida da fotografía no Instagram @sementesdeliberdade (aínda que se terá en conta, valoraranse máis as anteriores cuestións)
Entregaranse os seguintes premios:
1º. Cámara analóxica
2º. Tarxeta agasallo de Netflix
3º. Tarxeta agasallo de Spotify
O xurado poderá considerar desertos os premios.
As persoas gañadoras foron:
- 1º premio: Claudia Alonso, Luna Campos e Nuria da Silva (1º BACH B) con “Enredadeira”
- 2º premio: Iria Vila (1º BACH B) con “Somos o que sentimos”
- 3º premio: Nayara Iglesias, Iria Rozas e Clara Ucha (1º ESO)
- accésit: Miguel García (1º BACH B) con “Sen título”