Skip to Content

O PROXECTO ETWINNING DO CENTRO RECIBE O SELO DE CALIDADE EUROPEO

O proxecto eTwinning Aprendizaje interdisciplinar en tiempos de COVID-19que recibira o Selo de Calidade Nacional no mes de xuño, ven de acadar o Selo de Calidade Europeo.

O proxecto foi desenvolvido durante o curso 20/21 polo IES de Poio, o Agrupamento de Escolas de Muralhas de Minho de Valença e o IES Iturrama de Pamplona. No IES de Poio participou alumnado de Latín de 4ºESO C e alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional de 4º ESO D. Nos tres centros escolares traballaron entre dous e tres docentes de diferentes materias, pois o proxecto buscaba unha abordaxe multidisciplinar.

Os seus obxectivos foron:
  • Mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística, así como a competencia en ciencia e as competencias sociais e cívicas.
  • Traballar medidas e hábitos de prevención fronte á COVID 19.
  • Profundizar no coñecemento e difusión dos protocolos COVID dos centros escolares.
  • Estudar o impacto emocional da crise sanitaria.
  • Crear entornos dixitais seguros para a ensinanza multidisciplinar en liña das diferentes materias implicadas no proxecto.
 
Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de logo para o proxecto, organizados en grupos nacionais traballaron os protocolos COVID dos seus centros e elaboraron carteis informativos.
 
Entraron logo na fase de formación de equipos internacionais, organizándose tras unha fase de traballo en foros e elixindo os nomes dos equipos.
 
Unha vez formados os grupos internacionais, cada grupo elaborou preguntas para os distintos bloques dun cuestionario sobre o impacto emocional da crise sanitaria. Foron publicadas as respostas e tamén se traducíu o cuestionario a galego, portugués e esuskera e se pasou nos centros escolares.
 
Pasouse logo á fase de traballo multidisciplinar das materias do proxecto con escape rooms. Estes escape rooms foron creados polos equipos internacionais en tres fases: creación colaborativa das historias, creación das probas e enigmas e, por último, entrouse na fase de xogo dos escape.
 
Levouse a cabo unha avaliación inicial sobre as competencias clave traballadas no proxecto e ,unha vez rematado, unha avaliación final para analizar a mellora na súa adquisición.

O proxecto foi avaliado por alumnado e profesorado e se publicaron tanto os resultados como unha análise dos mesmos.

Esta é a ligazón ao Twinspace do proxecto.

 

 

 

 

Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)



page | by Dr. Radut