Encontro deportico co IES Saturnino Montojo (marzo, 2013)
blogue deadmin
Proxectos emprendedores
Enviado por admin o Mar, 26/03/2013 - 15:00O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.
Programa de Mellora para o Éxito Escolar (fotos xaneiro-marzo)
Enviado por admin o Sáb, 23/03/2013 - 12:52Charla con antigos alumnos (II)
Enviado por admin o Mér, 20/03/2013 - 23:15
Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social.
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral.
Concursos do Concello de Mugardos
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:14
XI CONCURSO DE RELATO CURTO EN GALEGO
Bases XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos.pdf
XVI CONCURSO DE CARTEIS. LEMA: XXIII FESTA DO POLBO
Bases Concurso de carteis Festa do Polbo.pdf
Campus científicos de verán, 2013
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:00Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/
Charla do reitor da USC
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 00:32
O reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares Long, impartiu unha charla ao alumnado de bacharaleto de 4.º ESO. A actividade encádrase dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC". O reitor fixo un percorrido pola oferta e servizos universitarios e recalcou especialmente o valía do persoal docente e investigador. A visita completouse cunha conversa informal co alcalde co alcalde de Mugardos.
Visita de Yelda, Paola e Juan
Enviado por admin o Mar, 12/03/2013 - 21:17Esta mañá recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan para falar da súa experiencia ao carón do vertedoiro de lixo máis grande de América Central. Trátase dunha actividade desenvolta pola ONG Solidariedade Internacional na que participou este curso o alumnado de 3.º e 4.º ESO.
O cerebro, 15 W de potencia
Enviado por admin o Ven, 08/03/2013 - 13:28O alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu onte ao espectáculo de ciencia "O cerebro. 15 W de potencia”.
Foto e nova no Diario de Ferrol
Parlamento Xove, 2013
Enviado por admin o Lun, 04/03/2013 - 22:06Dous equipos de bacharelato representaron ao instituto no Parlamento Xove deste ano. Os primeiros debates tiveron lugar este sábado na Deputación da Coruña. Desde a preparación ata as vivencias dos debates, entre argumentacións e refutacións, resultou unha experiencia moi positiva. A actuación dos nosos representantes foi moi digna e cumpriu todos os obxectivos pedagóxicos que tiñamos sinalados. Parabéns a todos!!!
Equipo de 1.º BAC. no momento do sorteo previo ao debate.
Equipo de 2º. BAC. agardando o resultado do xurado.
Entrada do portaavións "Príncipe de Asturias" na ría de Ferrol
Enviado por admin o Sáb, 09/02/2013 - 17:49Derradeira singradura do portaavións Principe de Asturias.
Gravación e fotos desde o patio e ventás do instituto.
8 de febreiro de 2013
Blog da titoría de 2.º ESO B
Enviado por admin o Mar, 05/02/2013 - 15:05A titoría de 2.º ESO-B conta cun blog para rexistrar a actividade académica como o calendario de exames, entrega de traballos, etcétera.
O enderezo é
http://2esobmugardos2013.blogspot.com.es/
Ata o momento, exercen de administradoras as alumnas Cristina e Marica.
Charla con antigas alumnas (I)
Enviado por admin o Mér, 30/01/2013 - 16:42As antigas e brillantes alumnas do centro Silvia García e Fátima García informaron, esta mañá, ao alumnado actual de 2.º Bacharelato, sobre o plan de estudos e saídas laborais dos graos de Química e Biblioteconomía, respectivamente. Cremos que foi un momento emotivo para elas e, asemade, útil para transmitir de primeira man a información e vivencias académicas.
Trátase dunha experiencia que terá continuidade con outros antigos alumnos dentro do plan de orientación e os actos internos do 25 aniversario. Grazas por compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral.
Charla para pais e nais sobre doazón e transplante de órganos
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 22:55O presidente da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (ALCER), Rafael Rodríguez, impartiu a tarde do martes unha amena conferencia sobre a doazón e transplante de órganos dirixida a pais e nais.
VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 14:12
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
- O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Visita ao MUPEGA
Enviado por admin o Dom, 20/01/2013 - 21:54O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) recolle na súa páxina a visita do alumnado de 1.º ESO esta semana e lémbranos un dos tesouros da colección: a máquina de cine doada pola Unión Mugardesa.
Nestoutra foto, todo 1.º ESO nunha aula do século pasado.
Programa de Mellora para o Éxito Escolar
Enviado por admin o Dom, 20/01/2013 - 21:37Velaquí os dezanove alumnos/as que este curso estrearon a "sudadeira" do Programa de Mellora para o Éxito Escolar. Seguirán luns a luns un intenso e atractivo calendario de actividades no que están implicados unha ducia de profesores do centro. Entre os seus obxectivos: "Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais".
Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 21:14O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...
No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.
Charla orientativa sobre criminalística
Enviado por admin o Mér, 09/01/2013 - 23:43O tenente e xefe do laboratorio de criminalística de Galicia Jesús Ponte impartiu esta mañá unha charla ao alumnado de bacharelato dentro do programa de orientación académica e profesional.
Acollendo en galego
Enviado por admin o Lun, 31/12/2012 - 12:50
Montaxe realizada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Polo minuto 6' aparecen alumnos do noso instituto.
Recollida de tapóns solidarios
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 23:01Desde AS.PA.NE.MI escríbennos para agradecer a colaboración da comunidade educativa coa CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIA, para ALBA. Infórmanos, asemade, que están preto das 3 toneladas de tapóns e pronto esperan que veña un novo camión a recollelos. Nós seguiremos co exemplo de Sindo que desde a cafetería nos anima a seguir enchendo o caixón tapón a tapón.
Máis información:
Charla sobre doazón e transpante de órganos
Enviado por admin o Lun, 03/12/2012 - 23:06O alumnado de 1.º BAC comezou a semana cun obradoiro sobre a doazón e transplante de órganos a cargo de Loli Díaz, da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER). Ao longo das dúas primeiras sesións da mañá foi analizando de xeito ameno e didáctico esta acción de solidariedade necesaria.
Festa do Outono (23 de novembro)
Enviado por admin o Dom, 25/11/2012 - 15:07
Venda de produtos pro viaxe fin de curso (4.º ESO) A recadación aproximouse aos 200 euros!!! Grazas á ANPA |
Xincana e brilé |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- seguinte ›
- última »