blogue deadmin

Carreiras de orientación

As tardes dos martes, por grupos, o alumnado de Educación Física está practicando polas rúas de Mugardos a modalidade deportiva de orientación. A actividade culminará coa participación do centro no Campionato escolar provincial a finais do proximo mes de marzo.

 

 

 

 

  

Circular e autorizacións para a actividade do 8 de marzo

 

 Entregada a todos os grupos
a circular sobre a actividade
organizada polo Concello de
Mugardos
para a conmemoración
do 8 de marzo.

Contén, asemade, a autorización
de
participación e de uso de
imaxe.

Ver Circular

 

Iniciación ao alemán (programa Escala na Escola)

Festival de entroido, 2016

Bases

   

Novo acceso ao instituto

Desde comezos deste ano, coa apertura da rúa do Centro de Interpretación Arqueolóxica do Caldoval,  cumpriuse unha das demandas históricas do instituto para a mellora da seguridade vial. O novo acceso realízase, polo momento, con dirección única desde a estrada do cemiterio.

 

Mención de Honra na Olimpíada Matemática 2016


 

Miguel Pereira Rodríguez
(1.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Transformando imaxes: anamorfose (Programa de Excelencia)

Este luns, 1 de febreiro, ás 16:20 horas, dará comezo o programa "Escala na Escola". A primeira sesión correrá a cargo da profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes que explicará o concepto de anamorforse aplicada de xeito práctico á transformación de imaxes. Ademais do grupo seleccionado, a entrada está aberta a outras persoas de dentro ou fóra do instituto que o soliciten.

 

 

Obradoiro para a aprendizaxe de traballo en equipo

Alunm@s de 4° de ESO  e de 1° de Bacharelato tiveron hoxe venres 29 de xaneiro un obradoiro para aprendizaxe do traballo en equipo, patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.

 

Renovación do equipamento informático

A ANPA "O Castro" vén de realizar unha doazón ao centro para a actualización do equipamento do centro consistente na adquisición de oito monitores para a Aula de Informática e dous ordenadores: un para a Aula 5 e outro na Sala de Profesores.

Este investimento únese á dotación da Consellería de cinco kits dixitais (portátil, canón e pizarra dixital) instalados durante as vacacións de Nadal.

Ademais, tamén se actualizou recentemente o cableado da liña telefónica que nas próximas semanas se concretará no cambio do número de teléfono do centro.

Canto azucre bebes?

Charlas temáticas

Alimentos transxénicos, a solución? (Venres, 22 de xaneiro)

No marco das actividades ofrecidas pola USC, os alumnos de bacharelato científico puideron asistir esta semana á conferencia impartida por profesores da facultade de Física sobre a enxeñaría xenética.

Educación viaria (Martes, 19 de xaneiro)

O alumando de 1.º e 2.º ESO asistiu o luns a un enconto con persol da DDG no que tiveron oportunidade de recibiri unha chea de información e preguntar sobre asuntos de seguridade vial.

 

Campionato de fútbol

Acrobacia e matemáticas (XXVIII Open matemático)

 

 

 

Comeza un ano máis o concurso matématico denominado OPEN Matemático, organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.


En todas as xornadas serán plantexados tres problemas agás na primeira e última que serán catro.  

O concurso este ano ten como lema  ACROBACIA E MATEMÁTICAS.

 

 


HORA DE LER: calendario do segundo trimestre

Boas Festas

Cesta de Nadal: 1669

 

Este luns entregamos a cesta de Nadal
sorteada para recadar fondos para a viaxe
de fin de curso dos alumnos de 4.º ESO.

 * * *

 As catro últimas cifras do número
premiado no sorteo do cupón da ONCE
do 16 de decembro de 2015 foron o

       1669

Mayte

O último día de clase do ano 2015 tamén despedimos a estimada profesora de Lingua Castelá e Literatura Mª. Amada Pernas. Mayte, para todo o IES de Mugardos, acada a xubilación logo de vinte e catro anos de traballo neste centro. En diferentes actos, desde a aula coa despedida dos alumnos da súa titoría de 4º. ESO ata a Sala de Profesores e o xantar de xubilación, deixounos coma sempre a alegría da súa característica vitalidade.

Grazas, Mayte, polo labor docente e as leccións compartidas.

 TEXTOS:

Abrapalabra (biblioboletín N.º 10)

Abrapalabra 10

Memoria económica da ANPA (2014-2015)

 

Memoria económica ANPA. Curso 2014-2015


GASTOS:

 -Autobús excursións 840,00

-Viaxe a Granada alumnos Estatística  250,00

-Trofeos III premio de Estudo e Deporte 262,03

-Castañas para o Magosto 62,25

-Libros de lectura para a biblioteca 143,03

-Trofeo campionato de polinomios 115,92

-Rifas excursión 4º ESO 180,00

 

TOTAL GASTOS  1.853,23

 

INGRESOS:

-Subvención do concello  953,59

-Cuota socios 1.650,00

TOTAL INGRESOS  2.603,59

 

 

Saldo a día 1 de setembro de 2014:      1.790,83

Saldo a día 1 de setembro de 2015:      3.110,62

 

 

Aproveitamos para recordarvos que estamos a vosa disposición todos os primeiros martes de mes ás 18:00 horas no instituto.

Que teñades un bo Nadal e un feliz 2016.

 

A xunta directiva

 

Tempo de lembranza con Pilar Iglesias Martínez

      

O 25 de novembro asistimos na biblioteca a unha especial lección sobre a posguerra e represión franquista en Mugardos.

Co valor da historia contada en primeira persoa, dona Pilar Iglesias Martínez contounos a dolorosa lembranza da despedida do seu pai, Florentino Iglesias Varela, fusilado en xaneiro do ano 1949; tamén a historia do seu tío, o famoso guerrilleiro Pancho; ou o relato da súa propia detención como nena xunto con gran parte da familia… incluído o carro e a vaca. Entre todos os nomes, salientou a memoria da nai Antonia Martínez Leira como exemplo das grandes mulleres que en tempos tan difíciles loitaron polos seus.

Agradecemos á familia Martínez-Iglesias a xenerosidade por ofrecer ao alumnado de ESO e bacharelato a valiosa achega do seu testemuño para transmitir ás novas xeracións a memoria histórica de Mugardos.

 

Vídeo na canle Tempo de lembranzas.

Reunión de pais: PROA (1º e 2º ESO), EXCELENCIA (2º e 3º ESO)

A dirección do IES de Mugardos convídao á presentación dos programas previstos para este curso.

  • Programa de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, dirixido a alumnado de 2º. e 3.º ESO.
    Luns, 7 de decembro, ás 16:30 horas


  •  Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO.
    Luns, 7 de decembro, ás 17:00 horas


 

Enquisa da convivencia (novembro, 2015)

 

Todos os sectores educativos van ter a posibilidade de participar nunha enquisa para coñecer o clima escolar da nosa comunidade. A recollida de datos realizarase por medio dun cuestionario accesible desde calquera dispositivo conectado á internet. Para iso, a dirección faralles chegar o enlace e a mais unha clave aleatoria que garante o anonimato do proceso. Ás familias esta información chegaralles nunha carta que entregaremos directamente aos seus fillos e fillas. No caso dos irmáns, encargaráselle esta tarefa ao maior.

A enquisa, que só se tarda dez minutos en cubrila, consta dunhas 20 preguntas. Cada familia cubrirá un único cuestionario independentemente do número de matriculados/as. O prazo de remate fixado pola aplicación informática é  o 30 de novembro. As claves son de uso único. No caso de perda ou problemas de acceso, poderá solicitar outra.

 
       
       
   

- Pode haber algún erro ao interpretar o texto das claves de acceso para as consultas por confundir o 0 (número cero) coa O (letra o maiúscula) ou a l (letra l minúscula) coa I (letra I maiúscula).

- Segundo a configuración do navegador, en moitos ordendores daranos unha alerta de seguridade. Nese caso "engadir unha excepción" e mesmo insistir un par de veces para obviar a alerta.

   

Celebración do magosto

Actualización:

Diplomas aos equipos da xincana deportiva.


Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 http://picasion.com/

 

Clubs de lectura (2015-2016)

Coa reunión desta tarde dos "adultos" xa están en funcionamento todos os clubs de lectura que neste curso acada por primeira vez catro grupos. A principal novidade é o ENGLISH CHAT, coordinado pola profesora Gabriela Sánchez e que xa vai pola súa segunda reunión con gran éxito de participantes.

Esta semana tamén fixeron o propio un nutirido grupo de 1.º ESO que xunto co grupo de 2.º ESO toman o relevo do denominado club A Boca do Lobo, coordinados pola profesora e bibliotecaria Begoña Allegue.

Felices lecturas!!!

A BOCA DO LOBO

ENGLISH CHAT wher you can have fun and improve your English as you chat.

Minuto de silencio polos atentados de París

Bandeiras a media hasta e
concentración silenciosa
polos atentados de París.

Visita ás instalacións industriais de "Forestal del Atlántico"

O alumnado de 2.º bacharelato científico-tecnolóxico visitou esta mañá a empresa de Forestal del Atlántico, en Punta Promontoiro. Organizado polos departamentos de Matemáticas e Física e Química, os participantes puideron coñecer as instalacións e o proceso para a fabricacións de produtos desta empresa como as colas e resinas para uso da industria madeireira e da impregnación de papel.

Experiencia PIALE

XVIII Campionato de Polinomios

 

 

Esta semana comezou o Campionato
de Polionomios cunha cifra record de
participantes. Ata 120, e un equipo
arbitral de 20 persoas (a matrícula no
instituto é de 250 estudantes).

As partidas desenvólvense durante
os recreos diante da cafetaría en na
aula de Matemáticas.

 

 

Bases

Canle de Orienta Galicia

 

 

O departamento de Orientación recomenda
a canle YouTube

ORIENTA GALICIA

htps://www.youtube.com/channel/UCo2W1FRWEkjHHhP6oOsgtag/playlists
Distribuir contido